O Gran Premio de Singapur de 2016, oficialmente 2016 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 18 de setembro de 2016 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de .

Cualificación

Nico Rosberg consegue a Pole Position, Sebastian Vettel non quedaba fora na Q1 desde o Gran Premio de Abu Zabi de 2015 e non saía desde a última posición desde o Gran Premio de Abu Zabi de 2012.

Carreira

Sebastian Vettel partiu desde a última fila da grella de saída cos pneumñáticos de composto brando, para alargar o máximo posible o seu paso por boxes, os Red Bull, Nasr e Palmer optaron polo pneumático superbrando, o resto da grella de saída calza a especificación ultrabranda de Pirelli. Romain Grosjean decide non participar no GP de Singapur. O piloto foi sancionado con cinco posicións por cambiar a caixa de cambios, e decidiu non tomar parte no Gran Premio.

Nico Rosberg fai unha boa saída e mantén a primeira posición. Pero o piloto de force India Nico Hülkenberg, sofre un accidente indica por radio que sentiu como "un sándwich" entre Carlos Sainz e un Williams. O alemán perdeu o control do seu coche e estrelouse contra o muro. Ten que saír o coche de seguridade. Na terceira volta reanudase a carreira, Nico Rosberg mantén a primeira posición, por diante de Daniel Ricciardo e Lewis Hamilton. Kimi Räikkönen é cuarto. Xusto por detrás aparece Fernando Alonso, que conseguiu escalar desde a novena praza ata a quinta. Daniil Kvyat atópase sexto. Carlos Sainz perdeu a posición da saída e cae ata a sétima posición, pero ten danos aerodinámicos, como consecuencia do accidente.

Na sexta volta Carlos Sainz ve a bandeira negra e laranxa. Dirección de carreira obrígao a pasar por boxes para arranxar o seu coche por temas de seguridade. Ten tres voltas para cumprir a sanción que cumpre na 8ª volta.

Na décima volta as posicións son as seguintes, Rosberg, Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Alonso (5º), Kvyat, Verstappen, Massa, Magnussen e Gutiérrez, Rosberg ten problemas cos freos. na volta 12 Sebastian Vettel, que partía último, atópase na décimo terceira praza. Carlos Sainz caía ata a décimo oitava posición. Ocon é sancionado con 5 segundos por adiantar en período de Safety Car. O piloto de Manor ocupa a décimo quinta praza. na décimo quinta volta Fernando Alonso entra en boxes e monta superbrandos. O piloto español reincorpórase á carreira na décimo terceira posición. Neste xiro, adianta a Pascal Wehrlein e ponse duodécimo, na volta seguinte Ricciardo e Hamilton, entran á vez en boxes. Ricciardo monta superbrando mentres que o británico decántase polo brando. Ambos pilotos reincorpóranse na cuarta e quinta posición, respetivamente. Nico rosberg entra a continuación e segue a estratexía de Lewis Hamilton, o pit-stop, é un pouco lento debido á roda dianteira dereita e cae ata a segunda praza. Kimi Räikkönen queda como líder virtual do GP de Singapur, liderado que perde ao entrar en boxes na seguinte volta.

Na 20ª volta a clasificación é a seguinte, Rosberg, Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Pérez, Vettel, Alonso (7º), Kvyat, Verstappen e Massa. N volta 25 sebastian Vettel entra en boxes por primeira vez, reincorporaándose 13º. Na volta 30 a clasificación é, primeiro Rosberg seguido de Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Alonso (5º), Kvyat, Magnussen, Vettel, Gutiérrez e Pérez. na volta 34 Räikkönen adianta a Hamilton, e aínda que Hamilton intentou protexerse os seus problemas cos freos facilitaron o paso do finlandés á terceira praza. Nico Rosberg entra a boxes e monta un xogo novo de brandos. Na 35 Kimi Räikkönen decide copiar a estratexia de Nico Rosberg e pasa por boxes. Lewis Hamilton queda como líder virtual do GP de Singapur, por diante de Nico Rosberg, Daniel Ricciardo e Kimi Räikkönen, ata que entra en boxes na volta seguinte, do mesmo xeito que Alonso, que reincorpora noveno. Na volta 38 abandona Bottas por problemas cos freos.

Na volta 40, a situación é, primeiro Rosberg seguido de Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Verstappen, Alonso (7º), Pérez, Massa e Kvyat. Na volta 46 abandona Button con problemas no motor, Sebastian Vettel fai dúas voltas rápidas consecutivas. Na 48 Kimi Räikkönen entra en boxes e sae cuarto, seguido de Ricciardo na seguinte volta.

Na 50ª volta a situación é, primeiro Rosberg e a continuación Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Vettel, Alonso (6º), Verstappen, Pérez, Kvyat e Magnussen. Max Verstappen adianta a Fernando Alonso. Finalmente Nico Rosberg consegue a súa oitava vitoria da tempada, a nº 22 da súa traxectoria deportiva e recupera as rendas do mundial de Fórmula 1. Daniel Ricciardo, tras unha espectacular carreira, logrou a segunda posición. Lewis Hamilton ffoi terceiro e perdeu o liderado da competición. Logo dun fallo na estratexia, Kimi Räikkönen acabou na cuarta posición. Pola súa banda, o seu compañeiro de equipo realizou unha marabillosa remontada e atravesou a liña de meta na quinta praza. Max Verstappen asinou a sexta posición, por diante de Fernando Alonso. Sergio Pérez terminou oitavo. Xusto por detrás, aparecen Daniil Kvyat e Kevin Magnussen. Carlos Sainz concluíu o GP de Singapur no décimo cuarto lugar.

Clasificación Cualificación

Pos.NºPilotoConstrutorQ1Q2Q3Grella 1 6 Nico Rosberg Mercedes 1:45.316 1:43.020 1:42.584 1 2 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:44.255 1:43.933 1:43.115 2 3 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:45.167 1:43.471 1:43.288 3 4 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:45.036 1:44.112 1:43.328 4 5 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:44.964 1:44.159 1:43.540 5 6 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:45.499 1:44.493 1:44.197 6 7 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:45.291 1:44.475 1:44.469 7 8 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:46.081 1:44.737 1:44.479 8 9 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:45.373 1:44.653 1:44.553 9 10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:45.204 1:44.703 1:44.582 18Sergio Pérez perdeu 8 posicións por adiantar a Esteban Gutiérrez e non afrouxar o ritmo con bandeiras amarelas. 11 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:46.086 1:44.740 10 12 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:46.056 1:44.991 11 13 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:45.262 1:45.144 12 14 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:45.465 1:45.593 13 15 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:45.609 1:45.723 NTSRomain Grosjean recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios e decidiu non participar na carreira 16 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:46.427 1:47.827 14 17 20 Kevin Magnussen Renault 1:46.825 15 18 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:46.860 16 19 30 Jolyon Palmer Renault 1:46.960 17 20 94 Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:47.667 19 21 31 Esteban Ocon Manor-Mercedes 1:48.470 20 22 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:49.116 21107% tempo: 1'51"552Fonte:

Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 6 Nico RosbergMercedes611:55:48.9501252 3 Daniel Ricciardo61 +0.4882183 44 Lewis HamiltonMercedes61 +8.0383154 7 Kimi RäikkönenFerrari61 +10.21951255 Sebastian VettelFerrari61 +27.69422106 33 Max VerstappenRed Bull Racing-TAG Heuer61 +71.197487 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda61 +1:29.19896 811 Sergio PérezForce India-Mercedes61 +1:51.0621749 26 Daniil KvyatToro Rosso-Ferrari61 +1:51.5577210 20Renault61 +1:59.95215111 21Haas-Ferrari60 +1 volta1312 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes60 +1 volta1113 12 Felipe NasrSauber-Ferrari60 +1 volta1614 55 Carlos SainzToro Rosso-Ferrari60 +1 volta615 30 Jolyon PalmerRenault60 +1 volta1816 94 Pascal WehrleinMRT-Mercedes60 +1 volta1917 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari60 +1 volta1418 31 Esteban OconMRT-Mercedes59 +2 voltas21Ret 22 Jenson ButtonMcLaren-Honda43Freos12Ret 77 Valtteri BottasWilliams-Mercedes35Temperatura10Ret 27 Nico HülkenbergForce India-Mercedes0Colisión8NTS 8 Romain GrosjeanHaas-FerrariFreosFonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 1 Nico Rosberg 273 10px 1 2 Lewis Hamilton 265 10px 3 179 10px 4 Sebastian Vettel 153 10px 5 Kimi Räikkönen 148

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 538 10px 2 Red Bull Racing-TAG Heuer 316 10px 3 Ferrari 301 10px 1 4 Force India-Mercedes 112 10px 1 5 111

Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2016 Categoría:Gran Premio de Singapur de Fórmula 1