O meliloto (Melilotus officinalis) é unha especie herbácea pertencente á familia das leguminosas, que se cultiva como planta forraxeira. O seu característico cheiro doce intensifícase pola secaxe e débese ao seu alto contido en cumarina. miniatura|Follas miniatura
Descrición Herba anual ou bienal, dunha altura media de 8 dm, moi ramificada; raíz pivotante, cosmopolita en terreos incultos. Sistema radicular de eixo principal pivotante, groso, con algunhas ramificacións; en formas bienais é máis leñosa ca as anuais. Follas alternas trifoliadas, con folíolos dentados, de obovais a oblongos, estípulas enteiras soldadas co pecíolo. Flores pequenas con corola amarela, agrupadas en acios curtos semellantes a espigas. O froito é un legume ovado, liso, con costelas transversais, de 2 mm de diámetro e con 1-2 sementes.
Uso medicinal É usada na fitoterapia. Promovería a "drenaxe linfática", redución de retención de líquidos, particularmente nos tecidos da parede venosa. Rouquén, catarros, amígdalas, antivaricoso (hedras). Adstrinxente.
Toda a planta bota un forte cheiro a cumarina, en especial ao fretala ou cando enxuga. Utilízanse as follas e os restos florais secos.
O principal compoñente (e ao cal se debe o seu recendo), é o glicósido cumarina, C9H6O2: lactona do ácido ortohidroxicinámico. Este glicósido é solúbel en alcol, cloroformo e éter e preséntase en forma de cristais prismáticos, incoloros, de cheiro fragrante e sabor moi agre.
A dicumarina, dicumarol ou antiprotrombina, C19O6H12, prodúcese por fermentación da forraxe cando a forraxe fenifica mal, é utilizada en medicamento humano para o tratamento da trombose. A dicumarina é o composto anticoagulante responsábel de hemorraxias internas xeneralizadas moi características dos animais cando inxiren a devandita forraxe.
A Melilotus officinalis é unha especie capaz de acumular nitratos en cantidades nocivas.Kingsbury (1964:43). miniatura|Melilotus officinalis
Néctar É moi boa fonte de néctar para apiarios (abellas, abesouros).
Taxonomía Melilotus officinalis foi descrita por (L.) Pall. e publicado en Journal of Botany, British and Foreign 66: 141. 1928. Etimoloxía Melilotus: nome xenérico que deriva das palabras gregas: meli que significa "mel", e lotos, unha leguminosa.en Nomes Botánicos
officinalis: epíteto latíno que significa "oficinal", isto é, que ten aplicacións medicinais ou farmacéuticas. Sinonimia Medicago officinalis (L.)E.H.L.Krause Melilotus arenarius Grecescu Melilotus arvensis Wallr. Melilotus melilotus-officinalis Asch. & Graebn. Melilotus neglectus Ten. Melilotus pallidus Ser. Melilotus petitpierreanus Willd. Trifolium Melilotus officinalis L. Trifolium melilotus-officinalis L. Trifolium officinale L.
Nome común Galego: melilotoNome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 , chuchamel, chupamel, meliloto oficinal, meliloto amarelo, trevo de cheiro, herba abelleira (non confundir coa melisa, tamén chamada en galego así)Nomes vulgares da especie en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega,Xunta de Galicia. Notas
Véxase tamén
Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. Ou.S.. New York Botanical Garden, Nova York. Hitchcock, C. H., A.J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1961. Saxifragaceae to Ericaceae. Part III: 614pp. In C. L. Hitchcock Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle. Hultén, E. 1968. Fl. Alaska i–xxi, 1–1008. Stanford University Press, Stanford. Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo da Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157. Cabrera, A.L. e Zardini, E.M. 1978. Manual da Flora da Provincia de Buenos Aires - Buenos Aires, Ed. Acme, 2ª ed., 342 - 755 pp.
Outros artigos Historia da botánica Gramíneas
Categoría:Melilotus Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1779 Categoría:Plantas forraxeiras Categoría:Plantas medicinais