Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Schnapp e Keery foron promovidos a actores principais, xunto coas incorporacións Sadie Sink, Dacre Montgomery, Sean Astin e Paul Reiser.
Está ambientada na vila ficticia de Hawkins, Indiana, na década de 1980. A primeira tempada céntrase na investigación da desaparición dun rapaz no medio de eventos sobrenaturais en toda a vila, nos que está implicada unha rapaza con habilidades psicocinéticas. A rapaza axuda ós amigos do desaparecido a atopalo. A segunda tempada, titulada Stranger Things 2, ocorre un ano despois da primeira, e conta as dificultades dos personaxes de volver á normalidade despois dos eventos ocorridos na primeira tempada.
Estreouse a través da canle Netflix o 15 de xullo de 2016. Recibiu a aclamación da crítica pola súa caracterización, a atmosfera, as actuacións, a banda sonora, o guión e as homenaxes ós filmes da década de 1980. Recibiu tamén varios premios e nomeamentos, incluíndo o Screen Actors Guild ó mellor conxunto de actores dunha serie dramática, e dezaoito nomeamentos ós premios Primetime Emmy. O 31 de agosto de 2016, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada de nove episodios, que foi estreada o 27 de outubro de 2017. Os irmáns Duffer confirmaron que a serie continuaría nunha terceira tempada, co obxectivo de concluíla na quinta tempada.
Personaxes Winona Ryder como Joyce Byers David Harbour como Xefe Jim Hopper Finn Wolfhard como Mike Wheeler Millie Bobby Brown como Jane "Eleven" Ives ("El") Gaten Matarazzo como Dustin Henderson Caleb McLaughlin como Lucas Sinclair Charlie Heaton como Jonathan Byers* Cara Buono como Karen Wheeler Matthew Modine como Dr. Martin Brenner
Recorrentes Noah Schnapp como Will Byers Joe Keery como Steve Harrington Shannon Purser como Barbara "Barb" Holland Ross Partridge como Lonnie Rob Morgan como Oficial Powell John Paul Reynolds como Oficial Callahan Randall P. Havens como Scott Clarke Aimee Mullins como Terry Ives
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1980