Prahlād Keshav Atre, nado en Kodit 13 de agosto de 1898 e finado o 13 de xuño de 1969, foi un escritor, pedagogo, político, editor, director e guionista marathi, popularmente coñecido como Āchārya Atre.
Traxectoria Estudou no colexio de Saswad e logo en Pune e mais maxisterio en Mumbai, perfeccionando os seus estudos en Londres en 1928 e 1929. Fundou un centro de ensino para rapazas, cun modelo pedagóxico novo fóra da tradicional ortodoxia india, editando dúas series de libros de texto, escribindo tamén contos e teatro para nenos. Artista multifacético, Atre comezou publicando poesía, pero a partir da década de 1930 centrouse no teatro, escribiu 22 obras, en xeral cun ton humorístico e paródico, pero tamén escribiu outras máis serias, tratando o status da muller na sociedade hinduísta. Todas as súas obras foron un éxito de público, e contribuíron ao rexurdimento do teatro marathi, que pasaba por unha crise pola aparición do cinema e pola falta de novos temas.Patil, Namdev D (2012) Social Realism in the Selected Plays of P K Atre and John Galsworthy - A Comparative Study (tese) Shri Jagdishprasad Jhabarmal Tibarewala University Tamén escribiu 13 coleccións de relatos, varios libros con artigos xornalísticos e dúas autobiografías, Mi Kasā Jhālo e Karheche Pāni.
Tivo un primeiro contacto co cinema en 1935 ao adaptar unha obra de Ram Ganesh Gadkari como guión para o filme Thakicha Lagna de Vishram Bedekar e xa máis tarde escribiu os guións, adaptados das súas coleccións de relatos, de Brahmachari (1938) e Brandichi Bātali (1939) de Master Vinayak. Canda Vinayak, Baburao Pendharkar e Pandurang Naik estableceu a produtora cinematográfica, Navyug Chitrapat pero tras producir o seu primeiro filme en 1940, Atre deixouna para formar a súa propia, Atre Pictures. En 1953 dirixiu o filme Shyamchi Aai que gañou o premio nacional ao mellor filme indio en 1954. E en 1955 dirixiu 'Mahatma Phule.
Fora concelleiro de Pune entre 1936 e 1938 polo Partido do Congreso. Fundou o semanario Navayag en 1940 para propagar o ideario do seu partido. Logo da independencia pasou ao Partido Socialista e foi concelleiro en Mumbai. En febreiro de 1956 estivo entre os fundadores do movemento Sanyukta Maharashtra Samiti, que buscaba a constitución dun estado separado para Maharashtra con capital en Mumbai. En novembro de 1956 fundou o xornal Maratha que tivo un papel salientable para difundir os ideais do movemento. Tras a creación do estado de Maharashtra foi deputado do Maharashtra Vidhan Sabha pola circunscrición de Dadar (18) entre 1962 e 1967.
Obras Teatro Gharābāher (1934) Sāshtāng Namaskār (1935) Bhramāchā Bhopalā (1935) Udyāchā Sansār (1936) Lagnāchi Bedi (1936) Moruchi Māwashi (1947) To Mi Navhech (1962)
Ensaio e narrativa Atre Uwāch (1937) Lalit Wāngmaya (1944) Chāngunā (1954) Battāshi Wa Itar Kathā (1954) Samādhiwaril Ashru (1956) Mahātmā Jyotibā Phule (1958) Hashā Āni Tālyā (1958) Kelyāne Deshātan (1961) Suryāsta (1964) (sobre a vida de Jawaharlal Nehru)
Poesía Zenduuchi Phule (1925)
Autobiografías Mi Kasā Jhālo (1953) Karheche Pāni'' (5 volumes)(1963-1968)
Notas
Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Directores de cinema da India Categoría:Guionistas da India Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua marathi Categoría:Membros de asembleas lexislativas estatais da India Categoría:Xornalistas da India Categoría:Pedagogos da India Categoría:Nados en Maharashtra