miniatura|dereita|Can nadando entre algas en floración en Swepsonville, North Carolina (2008). A floración de algas nocivas é un proceso natural de crecemento masivo dalgunhas especies de fitoplancto que conteñen compostos químicos tóxicos para organismos acuáticos ou humanos. As biotoxinas mariñas que se xeran nestas floración causan algún tipo de malestar ou morte de organismos susceptibles a eses compostos. De xeito común as floracións de algas mariñas denomínanse mareas vermellas, que son un dos casos de floracións de algas que descoloran a auga. Porén, só algúns casos das mareas vermellas teñen microalgas que liberen biotoxinas e, polo tanto, sexan casos de floración de algas nocivas. A meirande parte das floracións de algas nocivas prodúcense sen necesidade de chegar a concentracións celulares elevadas das microalgas que produzan biotoxinas e sen producir descoloracións na auga.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Floración de algas Marea vermella
Categoría:Algas Categoría:Ecoloxía