miniatura|300px|Recreación artística da superficie de Proxima Centauri b, orbitando a anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sistema Solar. Proxima Centauri b (tamén coñecido como Proxima b) é un planeta extrasolar que orbita na zona de habitabilidade da estrela anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sol. Atópase a 4,2 anos luz (1,3 parsecs ou 40 trillóns de quilómetros) da Terra, na constelación de Centaurus, converténdoo no planeta extrasolar coñecido máis achegado ó Sistema Solar. É candidato de habitabilidade planetaria, malia que non é o mellor candidato comparándoo con outros planetas de tamaños semellantes, pero é preciso ter máis información sobre as características físicas do planeta para unha avaliación axeitada.

En agosto de 2016, o Observatorio austral europeo anunciou o descubrimento do planeta. O planeta foi atopado empregnado a método da velocidade radial, onde os cambios periódicos das liñas espectrais da estrela suxiren un obxecto orbitante. Segundo esta tese, a velocidade radial da estrela nai en relación coa Terra varía a súa amplitude a 2 metros por segundo. Orbita a estrela a unha distancia de aproximadamente 0,05 AU (7,5 millóns de km) cun período orbital de aproximadamente 11,2 días terrestres. A masa estimada do planeta é polo menos 1,3 veces a da Terra. A temperatura de equilibrio de Proxima b estímase que se atopa dentro do rango onde a auga podería existir como líquido na súa superficie, situándoa dentro da zona habitable de Proxima Centauri, aínda que debido a que Proxima Centauri é unha anana vermella e unha estrela flamante, non se prevé que poida soportar a vida.

O investigador Guillem Anglada Escudé, que liderou o proxecto do descubrimento, cre que a súa proximidade coa Terra ofrece unha oportunidade para a exploración robótica do planeta co proxecto Starshot ou, cando menos, "nos vindeiros séculos".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Unha investigación dos planetas semellantes á Terra en Proxima Centauri A habitabilidade de Proxima Centauri b

Categoría:Constelación de Centaurus Categoría:Planetas extrasolares