miniatura|Vista do sur. A Avenida dos Aliados é unha importante rúa na freguesía de Santo Ildefonso, da cidade do Porto, en Portugal. Xunto coa Praza da Liberdade e a Praza do Xeneral Humberto Delgado constitúe un tecido urbano continuo. É a principal avenida e o centro da cidade do Porto.

Orixe do nome A avenida é unha homenaxe ós países aliados da primeira guerra mundial.

Lugares de interese miniatura|Avenida dos Aliados. Juventude (tamén coñecida como a Menina dos Aliados) e a A Abundância (Os Meninos), esculturas de Henrique Moreira, localizadas na placa central. Edificio da antiga compañía de seguros "A Nacional", obra de Marques da Silva, localizado do lado esquerdo cara a arriba, a carón da Praça da Liberdade. Novo Banco (ex-Banco Espírito Santo), no edificio do desaparecido Banco do Minho. Banif, no ex-edificio do matutino O Comércio do Porto. Culturgest Porto, na Caixa Geral de Depósitos, edificio cunha columnata de grandes proporcións cun torreón cupular. Edificio do antigo Café Imperial, actual McDonald's Imperial, considerado polo site 9GAG como "o máis fermoso do Mundo".

Véxase tamén

Ligazóns externas Avenida dos Aliados no Google Street View.

Categoría:Porto Categoría:Arquitectura do Porto Categoría:Rúas