María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie),Encyclopædia Britannica, Inc. citado por biography.com - Joséphine de Beauharnais Biography (1763 - 1814) (artigo completo dispoñíbel en inglés). Último acceso 9 de setembro de 2016. vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica (daquela colonia do Reino de Francia) e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison (Illa de Francia, Francia), crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia.

Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.

Traxectoria Xosefina, chamada Rosa até coñecer a Napoleón, naceu e viviu na Martinica (Antillas Menores) até que en 1780 contraeu matrimonio en París con Alexandre de Beauharnais.

A finais de 1783 separouse do seu esposo e pouco despois regresa á Martinica, onde pon orde na economía familiar en medio da sublevación de escravos de 1791 e da Revolución Francesa. De regreso a París ese ano, chega xusto para á caída do Antigo Réxime e a instauración da Primeira República Francesa. Grazas aos seus contactos sociais coñece a Napoleón Bonaparte, con quen casa en 1796, dous anos despois de que o seu primeiro esposo fora axusticiado na guillotina.

En decembro de 1804 Xosefina é coroada emperatriz de Francia polo seu segundo e último esposo, Napoleón.Ernest John Knapton; 1963. Empress Josephine (en inglés). Harvard University Press. Último acceso 9 de setembro de 2016. Pouco despois, en 1810, por no serlle posíbel darlle un fillo herdeiro a Napoleón, a parella divorciouse e Xosefina retirouse ao Castelo da Malmaison, da súa propiedade.

Xosefina morreu o 29 de maio de 1814, eloxiada polos franceses, que a chamaban l'bonne Josephine (Xosefina, a boa).Ernest John Knapton (revisión por Leo Gershoy) Empress Josephine (en inglés). The American Historical Review, Vol. 70, No. 2 (Jan., 1965), pp. 441-442. Publicado pola American Historical Association. Último acceso 9 de setembro de 2016.

Polo menos até outubro de 1779 Xosefina usou o seu primeiro nome, Rosa, ou o nome máis familiar, Yeyette. Despois do seu matrimonio con Alexandre de Beauharnais, asinaba Vizcondesa de Beauharnais ou ben Lapagerie de Beauharnais. O certificado de matrimonio con Napoleón viña asinado con M. R. J. Tascher, e de alí en adiante asinaba cos dous apelidos: Lapagerie-Bonaparte ou Tascher-Bonaparte. A partir de 1804 asinaba simplemente Joséphine, nome co que foi coroada emperatriz de Francia e col que se rexistraron os eventos legais da súa posteridade.Impératrice Josephine; Correspondance, 1782-1814, Chevallier, Catinat and Pincemaille, editors (Paris: Histoire Payot, 1996), p. III. Citado por Sandra Gulland nunha carta publicada na Napoleonic Society of America. Artigo dispoñíbel na World Wide Web: .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Napoleón Alexandre de Beauharnais

Ligazóns externas Juicio de Napoleón sobre Josefina de Beauharnais. Napoleon and Josephine

Categoría:Raíñas consortes de Francia Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados en 1763 Categoría:Finados en 1814 Categoría:Nados en Martinica