Bert Willis Karlsson, nado o 21 de xuño de 1945 en Skövde, é un empresario discográfica, político e personalidade da televisión sueco, foi unha figura prominente do partido Nova Democracia.

Traxectoria Como propietario e director da discográfica Mariann Grammofon AB, fundada en 1972Bert Karlsson en P1 Sverigesradio, Karlsson foi unha cara familiar para o público sueco como a persoa que estaba por tras da famosa cantante Carola Häggkvist. En 1984 fundou o parque temático Skara Sommarland.

En 1991 estableceu con Ian Wachtmeister o partido populista Nova Democracia, que logrou a atención dos medios de comunicación máis importantes e nas eleccións lexislativas de setembro o partido recibiu 6'7 por cento dos votos. Sen experiencia política anterior, Karlsson entrou no Riksdag.

Ao desaparecer Nova Democracia por mor das loitas internas e a perdeu da súa representación parlamentaria nas eleccións de 1994, Karlsson volveu aos negocios. Entre 2002 e 2005 artellou o programa de telerrealidade Fame Factory e foi xuíz nas primeiras cinco temporadas (2007-2011) do programa "Talang" de TV4, a versión sueca de America's Got Talent. En 2008 mantiña e operaba 13 empresas, entre elas Jokarjo AB e Budgetgrossisten AB.

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Políticos de Suecia Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Nados no condado de Västra Götaland