A patrulla canina (en ) é unha serie canadense de animación creada por Keith Chapman e producida por Spin Master Entertainment, con animación de Guru Studio. No Canadá, a serie emítese principalmente en TVOntario como parte do bloque de programación TVOKids. TVO publicou por primeira vez as vistas previas do programa en agosto de 2013. A serie estreouse en Nick Jr. de Nickelodeon nos Estados Unidos o 12 de agosto de 2013.

A serie céntrase nun neno chamado Ryder que dirixe unha patrulla de cans de busca e rescate que se chaman a Patrulla Canina. Eles traballan xuntos en misións para protexer a comunidade costeira de Adventure Bay e as áreas circundantes. Cada can ten un conxunto específico de habilidades baseadas nas profesións dos servizos de emerxencia, como un bombeiro, un policía e un piloto de aviación. Todos residen en casetas de cans que se transforman en vehículos personalizados, ou "pupmobiles", para as súas misións. Tamén están equipados con mochilas especiais de alta tecnoloxía chamadas "pup packs" que conteñen ferramentas relacionadas co traballo dos cadelos.

Dende a súa estrea, a serie converteuse nunha franquía de medios, xerando millóns de dólares en ingresos pola venda de xoguetes para Spin Master e aumentando a presenza da empresa no mercado de xoguetes preescolares. A franquía conta cun filme que se estreou en agosto de 2021, seguido por unha secuela, The Mighty Movie, estrada o 29 de setembro de 2023, e unha secuela The Dino Movie, que se estreará o 31 de xullo de 2026, así como unha serie spin-off, Rubble & Crew, que se estreou en febreiro de 2023. A serie celebrou o seu décimo aniversario en 2023.

Dobrouse ao galego e estreouse o 21 de marzo de 2025 na plataforma do Xabarín Club.

Sinopse PAW Patrol é unha serie animada de acción e aventura protagonizada por un grupo de sete cadeliños: Chase, Marshall, Rocky, Zuma, Rubble, Skye e mais Everest (incorporada na tempada 2) que son dirixidos por un rapaz de 10 anos experto en tecnoloxía chamado Ryder. Cunha mestura única de habilidades para arranxar problemas, vehículos xeniais e unha chea de humor dos lindos cadelos, os cans da patrulla traballan conxuntamente en misións de rescate de alto risco para protexer á comunidade de Baía Aventura.

Os cadeliños teñen cadansúa personalidade única e achegan unha habilidade ao equipo. Son un exemplo da importancia do traballo en equipo e da boa cidadanía. Todos eles teñen mochilas especiais nas súas costas para axudar a manexar calquera cousa - dende rescatar gatiños a salvar un tren dun derrubamento de rochas. E non importa o grande que sexa a aventura, os PAW Patrol sempre teñen tempo para xogar e rir.

Personaxes Dobraxe do Canadá Ryder: Owen Mason / Elijha Hammill Marshall: Gage Munroe / Drew Davis Rubble: Devan Cohen Chase: Tristan Samuel / Max Calinescu Rocky: Stuart Ralston / Samuel Faraci Zuma: Alex Thorne Skye: Kallan Holley Capitán Turbot: Ron Pardo Alcadesa Goodway: Deann Degruijter Alex: Christian DiStefano Katie: Katherine Forrester Cali: Julie Lemieux François: Peter Cugno Jake: Scott McCord Señor Porter: Blair Williams

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión do Canadá Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2013 Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Xabarín Club