Siccone Secchi, baixo o nome Xoán XVII, nado en Roma e finado na mesma cidade o 12 de decembro 1003, foi o 140º papa da Igrexa católica do 13 de xuño ao 6 de decembro de 1003.

Traxectoria Antes de tomar as ordes sagradas Siccone Sicconi estivera casado e tivo tres fillos, que remataron sendo bispos. O seu breve pontificado de apenas cinco meses iniciouse cando Crescencio III o fixo elixir impoñendo a súa autoridade. Do pontificado de Xoán XVII non se coñece ningún feito relevante.

Se ben usou o nome de Xoán XVII, non houbo un papa lexítimo co nome de Xoán XVI. Porén, entre os anos 997 e 998 Xoán Filigato foi coñecido como o antipapa Xoán XVI.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 1003 Categoría:Nados en Roma