Full Tilt! Pinball é un videoxogo de computador de pinball desenvolvido por Cinematronics e publicado por Maxis en 1995. Ten tres mesas de xogo diferentes con gráficos 3D: Space Cadet, Skulduggery e Dragon's Keep. En cada mesa, amósanse a puntuación, o número de bólas, o número do xogador e información diversa sobre a partida.

3D Pinball for Windows – Space Cadet 3D Pinball for Windows – Space Cadet é unha versión do xogo desenvolvida por Microsoft Windows. Foi incluída orixinalmente con Microsoft Plus! 95 e despois con Windows NT 4.0, Windows Me, Windows 2000, as edicións de 32 bits de Windows XP e Windows XP Professional x64 Edition. Windows XP foi o derradeiro produto de Windows en incluír o xogo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Full Tilt! Pinball Windows 95 demo

Categoría:Videoxogos de 1995 Categoría:Videoxogos de Microsoft Studios Categoría:Videoxogos de Windows