Juan Manuel Díaz Villoslada, nado en Ourense en 1965, é un avogado e político galego de Sumar Galicia, anteriormente do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia, e traballou na administración autonómica. Foi xerente da Universidade da Coruña (2012-2016).
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña. Ocupou o posto número catro na candidatura liderada por Inés Rey nas eleccións municipais de 2019, tras as que formaría parte do goberno local como responsable de Urbanismo. Con todo, deixou o cargo en marzo de 2022 por discrepancias coa rexedora. En decembro de 2023 causou baixa no PSOE e incorporouse a Sumar Galicia. Foi de número 10 na lista de Sumar Galicia nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1965 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia