Minesweeper é un videoxogo de computador creado por Curt Johnson, orixinalmente para OS/2, e adaptado para Microsoft Windows por Robert Donner, ámbolos dous empregados de Microsoft naquela época. Estreado por primeira vez como parte do pack 1 de Microsoft Entertainment en 1990, foi incluído na versión de Windows 3.1 en 1992, substituíndo a Reversi dende Windows 3.0. Microsoft Minesweeper foi incluído nos seguintes lanzamento de Windows até Windows 8. Unha versión actualizada para Windows Vista e Windows 7 foi desenvolvida por Oberon Games. Outra versión actualizada foi desenvolvida para Windows 8 e Windows 10 por Arkadium. En Windows 8 e 10 non está dispoñible por defecto, pero está dispoñible en Windows Store.http://www.howtogeek.com/122145/what-happened-to-solitaire-and-minesweeper-in-windows-8/http://www.howtogeek.com/225128/you-dont-have-to-pay-20-a-year-for-solitaire-and-minesweeper-on-windows-10/https://www.microsoft.com/en-us/store/apps/microsoft-minesweeper/9wzdncrfhwcn

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Richard Kaye "Minesweeper is NP-complete!" 'Mathematical Intelligencer' (volume 22 number 2, pages 9--15). web.mat

Categoría:Videoxogos de 1990 Categoría:Videoxogos de Microsoft Studios Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Windows Phone Categoría:Videoxogos de lóxica