Martiño V nado en Genazzano, Roma, c. 1368 e finado en Roma o 20 de febreiro de 1431, foi o papa n.º 206 da Igrexa católica, entre 1417 e 1431. Traxectoria
De nome Oddone Colonna, era fillo de Agapito Colonna e Caterina Conti, o que o convertía en membro dunha das familias aristocráticas romanas máis antigas e con maior influencia da súa época.
Estudou na Universidade de Perugia, tras o cal entrou na curia romana, onde en 1402 foi nomeado cardeal diácono de San Xurxo por Bonifacio IX, e foi un dos cardeais que fuxiu de Lucca, onde os recluíu o papa Gregorio XII, para organizar o Concilio de Pisa en que tomará parte na elección de Alexandre V e de Xoán XXIII, como medio para reconciliar ás Igrexas de Avignon e Roma e acabar así co Cisma de Occidente.
Categoría:Papas Categoría:Finados en 1431 Categoría:Nados en 1368