José Domínguez González, nado en Corzáns (Salvaterra de Miño) en 1895 e finado en Vigo o 24 de febreiro de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Emigrou a Arxentina con 16 anos, e alí traballou de panadeiro e foi sindicalista. Participou na Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos e na Sociedade Nazonalista Pondal, e colaborou en Acción Gallega e A Fouce. Retornado a Salvaterra de Miño, na República foi concelleiro socialista e tenente alcalde.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Comité de Defensa da República. Foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado á pena de morte. Antes da súa execución escribiu unha carta a Adela Melijosa Suárez e outras compañeiras presas. Foi fusilado no castelo do Castro en Vigo ás once da mañá do 24 de febreiro de 1937, xunto con nove persoas máis.Galicia, 7-3-1937, p. 1.
Notas
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Salvaterra de Miño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados