dereita|miniatura A seguir, recóllese a pegada da pereira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas. Locucións Como o can do hortelán, que non come as peras nin as deixa comer Eladio Rodríguez González, s. v. can..
Refraneiro A boa moza é coma a pera acelmosa, que ende coméndoa da gana de outra Eladio Rodríguez González, s. v. moza. Ano de peras, non fai falla que veña. Eladio Rodríguez González, s. v. ano. Ano de peras, nunca acó veñas. Real Academia Galega 1913, s. v. ano. Auga ó figo; e á pera viño. Eladio Rodríguez González, s. v. auga. Cando o olmo dea peras e o trobisco dea uvas, entonces dirán verdá os homes de barbas rubias. Cando os olmos dean peras e os toxos boten uvas, han de ter boas aucións os homes de barbas ruibas.Moreiras Santiso (1977), 176. Día virá que teña peras o meu peral. Eladio Rodríguez González, s. v. día. Esa pera rabo leva. Eladio Rodríguez González, s. v. rabo. Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar. Eladio Rodríguez González, s. v. neno. O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ó teu amigo o deas. Eladio Rodríguez González, s. v. viño. Viña, pereira e fabal, malos son de gardar. Eladio Rodríguez González, s. v. viña. Viño de peras non o bebas, nin o deas a quen ben queiras.
Cantigueiro Chamáchesme pera parda,/ pera parda quero ser,/ anque caia de madura/ tu non me has de comerXaquín Lorenzo Fernández, 62. No orixinal: tú.. Dáme da pera que comes,/ da mazá un bocadiño,/ dame unha fala do peito,/ do curazón, un cariñoXaquín Lorenzo Fernández, 66.. Dise outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá peras no San Xoán,/ uvas brancas no xaneiroXaquín Lorenzo Fernández, 68.. De Lisboa me mandaron/ tres peras nun ramalliño,/ deseaba de saber/ quen foi o do regaliño. De Portugal de mandaron/ tres peras nun ramalliño;/ quen me dera a min saber/ quen me ten tanto cariñoXaquín Lorenzo Fernández, 69.. Déchesme unha pera parda/ e unha mazá xoaneira;/ déchesme unha pera parda,/ Dios cho pague, churrusqueiraXaquín Lorenzo Fernández, 67.. Déixanos pasar que vamos/ Eu e mais miña cuñada,/ Abalar unha pereira/ Que nunca foi abaladaReal Academia Galega 1913, s. v. abalar.. Esta noite e maila outra/ e maila outra pasada/ abalei unha pereira/ que nunca fora abaladaXaquín Lorenzo Fernández, 77.. Esta noite e maila outra/ e mais a que xa pasou,/ miña pereiriña nova/ quen vola rama cortou?Xaquín Lorenzo Fernández, 228. No orixinal: e máis. Recollida en Muros.. Fun á fonte beber auga/ debaixo dunha pereira/ solo por che ver os ollos/ que a sede moita non eraXaquín Lorenzo Fernández, 85. No orixinal: de unha.. Fun ós figos á pereira,/ no’atopei senón cireixas,/ veu o dono das mazás:/ Deixa queda-las ameixasXaquín Lorenzo Fernández, 86. No orixinal: no-atopei, quedalas.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de fatós/ pra pasearen os mozos/ de Gaiás para FacósXaquín Lorenzo Fernández, 88. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, e Facós da parroquia de San Vicente de Lobeira, ambas do mesmo concello de Lobeira. Xaquín Lorenzo engade que entre estas dúas aldeas só hai un regato que non precisa ponte para cruzalo.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Facós cara GaiásXaquín Lorenzo Fernández, 88.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a RubiásXaquín Lorenzo Fernández, 88. Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.. Heiche de dar un abalo/ pereiriña de don Guindo,/ heiche de dar un abalo/ que te hei de deixar durmindoXaquín Lorenzo Fernández, 87.. Máis quixera ser pereira/ e dar peras no outono/ que non ser muller de xastre/ morriña e cara de sonoXaquín Lorenzo Fernández, 92.. Montañesa, vén conmigo/ que nos imos prá ribeira/ onde se colleitan uvas,/ melocotós e mais perasXaquín Lorenzo Fernández, 104. No orixinal: ven, e máis.. Moza que vénde-las peras,/ cantas che mandaron dar?/ Para ti, meu queridiño,/ non mas mandaron contarXaquín Lorenzo Fernández, 105. No orixinal: vendelas, tí.. Mozo que me dás a pera/ dame tamén a navalla,/ que non podo comer pera/ que non fora debulladaXaquín Lorenzo Fernández, 106.. Periñas me dan ao almorzo,/ ao xantar peras me dan,/ á merenda danme peras,/ ao cear peras sen panXaquín Lorenzo Fernández, 260.. Un día, faranduleiro,/ chamáchesme pera urraca;/ esta pera sabrosiña/ túa boca non a atrapaXaquín Lorenzo Fernández, 158. No orixinal: dia, tua, nona.. Unha pera, dúas peras,/ non tiña máis a pereira;/ púxenllas ó meu Francisco/ nun plato de Talavera Xaquín Lorenzo Fernández, 159. No orixinal: duas.. Unha pera, dúas peras,/ tres peras nun ramalliño;/ unha é miña e outra é túa/ i outra do meu amorciñoXaquín Lorenzo Fernández, 159. No orixinal: duas, tua..
Notas
Véxase tamén Bibliografía (1973): Cantigueiro popular da Limia Baixa. Vigo, Ed. Galaxia. (1913-1928): Diccionario gallego-castellano, . (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo, Ed. Galaxia.
Pereira