Trond Sollied, nado o 29 de abril de 1959 en Mo i Rana, é un ex-futbolista e adestrador noruegués.
Traxectoria Principiou a súa carreira no Mo IL, pasando logo ao Vålerenga. A continuación xogou 6 tempadas no Rosenborg BK, o principal club noruegués, e foi 15 veces internacional coa selección norueguesa, anotando un gol. Formouse como adestrador na Escola de Ciencias Deportivas de Noruega e en 1993 puxo fin á súa carreira como xogador despois dun ano como xogador-adestrador do FK Bodø/Glimt, tempada na que o club subiu á máxima categoría. En 1997 exerceu como axudante do adestrador do Rosenborg Nils Arne Eggen, e o equipo gañou a liga. Na tempada seguinte Sollied ocupou o posto de Eggen e o equipo gañou outra volta a liga,
En 1999 estableceuse en Bélxica e gañou varios títulos co FC Brugge que adestrou durante 5 tempadas. Logo adestrou ao Olympiacos F.C.. Tras a súa chegada gañou o título e a copa, pero na tempada seguinte o equipo quedou eliminado ao inicio da clasificación da Copa de Europa o que lle custou o seu posto, malia un bo comezo na liga, e cesou o 28 de decembro de 2006.
En xuño de 2007 volveu co K.A.A. Gent, que xa adestrara en 1999, e logrou que o club chegase á final da Copa de Bélxica. En marzo de 2008 firmou co club neerlandés SC Heerenveen.Kommer ikke for å bli nummer fire, VG, 25 de marzo de 2008 no que permaneceu ata agosto de 2009.sc Heerenveen en Trond Sollied uit elkaar , Heerenvenn
En 2010 adestrou brevemente ao Al-Ahli, mais despedírono despois de só tres partidos. O 3 de xaneiro de 2011 firmou co equipo belga Lierse para salvalo do descenso, lográndoo. En 2011 volveu por terceira volta ao Gent, pero cesou o 23 de outubro de 2012 co equipo no sétimo lugar da liga. Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no condado de Nordland Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Vålerenga Fotball Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Xogadores do FK Bodø/Glimt Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores do KAA Gent Categoría:Adestradores do Olympiakos FC Categoría:Adestradores do Lierse SK