O Museo Etnolóxico de Ribadavia, inaugurado en 1993,de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.Museo Etnolóxico de Ribadavia en Turgalicia.
Descrición Situado no Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación Martín Vázquez, conta cos fondos Jesús Sánchez Orriols Chucho, Rubén García Álvarez e Meruéndano. Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da Provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350.000 imaxes fotográficas e material documental sobre o teatro galego, incluído un fondo procedente da Asociación Cultural Abrente.
Galería de imaxes
miniatura|Refaixo ou zagal, peza de roupa interior feminina de abrigo, ca. 1900. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ángel Llanos Museos de Galicia
Ligazóns externas https://museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal
Categoría:Ribadavia Categoría:Museos da provincia de Ourense Categoría:Museos etnográficos de Galicia