Enrique Rivera Rouco, nado o 27 de xaneiro de 1938 e finado nos Chaos (As Pontes de García Rodríguez) o 18 de setembro de 2002, coñecido co sobrenome "O cura dos Chaos", foi un relixioso e historiador pontés, nomeado cronista oficial da vila en 1981.

Traxectoria miniatura|dereita|Placa na biblioteca municipal das Pontes Ingresou no seminario de Vilanova de Lourenzá o 1 de setembro de 1952, e tras un ano alí continuou os estudos en Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote en 1963. O bispo Jacinto Argaya destinouno inicialmente as parroquias do Freixo e Somede, pasando posteriormente á parroquia de Lousada. Non chegou a ser párroco da parroquia principal da vila por decisión do bispado.

En 1976 publicouse o seu libro Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca, no que recompilou datos históricos e etnográficos das Pontes, considerado o primeiro compendio escrito da historia do concello. O 4 de decembro de 1981 foi nomeado Cronista Oficial do Concello das Pontes por unanimidade no pleno do concello presidido polo alcalde Xaime Vilaboy Ramil, tras unha proposta previa do Partido Galeguista das Pontes.

Obra Ademais do seu libro de 1976, colaborou coa publicación Estudios Mindonienses, así como en varios artigos do xornal local A Nova Unión, publicacións das revistas locais das Festas do Carme e en varios artigos do xornal La Voz de Galicia. Libros

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Finados en 2002 Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cronistas das Pontes de García Rodríguez