miniatura|dereita|A cebada ou orxo.

Refraneiro Á besta comedora, pedras na cebada Eladio Rodríguez González, s. v. besta.. A burro morto, cebada ó rabo. A burro vello, a millor cebada e o pior aparello. A cabalo morto, cebada ó rabo Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada . A cebada, na lameira; o trigo, na poeira Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.. A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón Eladio Rodríguez González', s. v. home.. Asno morto, a cebada ó rabo. Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada . Burro vello tamén quer a súa cebada. cabalo morto, cebada ó rabo José María Pereda Álvarez (1953).. Cebada, a que eu quixere; e trigo, o que Dios me dere . Cebada do día non fai andar a cabalaría Eladio Rodríguez González, s. v. cebada. No orixinal: Cebada do día non fai a cabalaría. Cebada do día non fai andar moito á cabalaría. Cebada e regalo fan o bo cabalo . Cebada enriba de esterco, agárdaa certo; e se o ano é mollado, perde coidado . Cebada, pra marzo; leña, pra abril, e trigo, pra maio . Dou ó demo a besta que non gana a cebada . Febreiro, cebadeiro Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. O que en agosto e setembre non dá cebada, en San Xoán non fai xornada Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: qu’en, da, San Juan, jornada.. O que en agosto non dá cebada, en San Xoán non fai xornada . Se en agosto e setembro non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda. Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: Si, año.. Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo Eligio Rivas Quintas, s. v. galo.. Si en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda. miniatura Cantigueiro Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada Bouza Brey 1929, 176. Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo.. Ise burro que eí ornea,/ ornea pola cebada;/ non a ha levar esta noite/ tampouco de madrugada Xaquín Lorenzo Fernández, 90. No orixinal: ehí, nona.. O crego vendeu a besta/ por lle non da-la cebada/ i agora vai ós enterros/ dacabalo da criada Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: dala..

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52. RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas III, contribución al diccionario gallego, no Dicionario de Dicionarios 2001. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.

cebada Categoría:Hordeum Categoría:Cereais