Alexander Banor Tettey, nado en Accra o 4 de abril de 1986 é un futbolista noruegués que xoga como centrocampista no Norwich City e na selección nacional norueguesa.
Traxectoria Tettey naceu en Ghana mais estableceuse coa súa familia en Bodø en 1999. Máis tarde asentouse en Trondheim, e comezou a xogar ao fútbol no Kolsta para pasar despois ás seccións xuvenís do Rosenborg e debutou co primeiro equipo nun amigable contra o GIF Sundsvall en xaneiro de 2003, e xa en setembro de 2003 era titular no primeiro equipo, converténdose no xogador máis novo da historia do Rosenborg desde Ola By Rise, Knut Torbjørn Eggen e Øivind Husby en 1977.
Rosenborg Ao primeiro no Rosenborg xogaba como centrocampista central, mais baixo Knut Tørum en 2007 converteuse en centrocampista defensivo. Na tempada 2008 Tettey foi vicecapitán e con Roar Strand alternouse como capitán.(Norwegian) Profile: 10 Alexander Tettey , tv2.no.
Rennes O 31 de xullo de 2009 firmou por catro anos co Rennes e ao pouco debutou co club pero nese primeiro partido sufriu unha lesión, que arrastrou ao longo da súa permanencia no equipo, non obstante xogou 60 partido co Rennes.Tettey: – Nå er jeg veldig oppgitt, VG.no. 1 de setembro de 2010 O 9 de xaneiro de 2011, Tettey anotou o seu primeiro gol na rolda 64 da Copa de Francia.
Norwich City O 25 de agosto de 2012 fichou polo Norwich City da Premier League por dous anos."Norwich City sign Alexander Tettey from Rennes" BBC Sport. 25 de agosto de 2012. Puntuou no seu debut, o único gol na vitoria 1 a 0 contra o Doncaster Rovers o 26 de setembro na League Cup."Norwich 1–0 Doncaster" BBC Sport. 26 de setembro de 2012. Debutou na liga tres días despois, substituíndo a Steve Morison no minuto 79 nunha derrota por 5 a 2 contra o Liverpool."Norwich 2–5 Liverpool" BBC Sport. 29 September 2012. Xogou o seu primeiro partido como titular o 6 outubro contra o Chelsea, mais non puido evitar unha derrota 4 a 1."Chelsea 4–1 Norwich" BBC Sport. 6 de outubro de 2012. Converteuse nun xogador regular do equipo ata que se mancou en febreiro e estivo que estar fóra dos terreos de xogo un tempo."Norwich City's Alexander Tettey injury persists" BBC Sport. 7 de marzo de 2013. Regresou o 30 de marzo, substituíndo a Jonny Howson no minuto 85 nunha derrota 1 a 0 contra o Wigan Athletic."Wigan 1–0 Norwich" BBC Sport. 30 de marzo de 2013. Xogou no partido final da tempada o 19 de maio, no que o Norwich logrou derrotar ao Manchester City por 3 a 2 no seu estadio, o que supuxo a segunda derrota na casa do Manchester nos últimos 48 encontros e a segunda posición máis alta acadada polo Norwich tras a terceira posición de 1992-1993 ."Man City 2–3 Norwich" BBC Sport. 19 de maio de 2013.
Tras unha operación cirúrxica en novembro de 2013 permaneceu arredado dos campos un par de meses. O 22 de marzo de 2014 marcou o seu primeiro gol para o Norwich contra o Sunderland nunha vitoria 2 a 0, no que se describiu como un dos goles da tempada.
Carreira internacional Tettey é un noruegués naturalizado e convocárono para as seleccións sub-18, 19, 21 e a selección absoluta norueguesa.
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Norwich City FC Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Xogadores do Stade Rennais FC Categoría:Nados en Accra Categoría:Xogadores do Skeid Fotball Categoría:Centrocampistas de fútbol