O Club de Fútbol Rayo Majadahonda (en galego, Club de Futbol Raio Maxadahonda) é un club de fútbol de España, da localidade de Majadahonda, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1976 e actualmente xoga no grupo I da Segunda División B Española.

Estadio O equipo xoga os seus partidos no Estadio Cerro del Espino, con capacidade para 3.367 espectadores e céspede natural. Compárteo co Atlético de Madrid, que utiliza as súas instalacións para os seus adestramentos e para os partidos do Atlético B. Atópase no complexo da Cidade Deportiva de Majadahonda.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 1 Tempadas en 2ªB: 6 (incluída a 2019/20) Tempadas en 3ª: 25

Xogadores destacados Asen Dani García Munir

Palmarés Terceira División (4): 1995-96, 1996-97, 2000-01, 2014-15 Subcampión absoluto da Segunda División B (1): 2017-18 (campión do grupo 1) Subcampión da Terceira División (1): 1994-95

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Rayo Majadahonda Rayo Majadahonda