Radarsat 2 é un satélite artificial da Axencia Espacial do Canadá lanzado o 4 de decembro de 2007 mediante un foguete Soiuz FG Fregat desde o cosmódromo de Baikonur para estudar a superficie terrestre mediante radar e proseguir a tarefa de Radarsat 1.
Características O obxectivo de Radarsat 2 foi proseguir a toma de datos comezada con Radarsat 1 para estudar a superficie terrestre.
Ao igual que no seu predecesor, o instrumento principal é un radar de apertura sintética (SAR polas súas siglas en inglés) avanzado de 1,7 m x 17 m que funciona en banda C (5,405 GHz). A diferenza principal co SAR de Radarsat 1 é que é capaz de detectar múltiples modos de polarización do radar, o que converte a Radarsat 2 no primeiro satélite civil e comercial en poder usar esta técnica, que permite diferenciar características na superficie terrestre que non se poderían detectar doutro modo. O SAR de Radarsat 2 abrangue unha resolución de entre 3 e 100 metros en franxas que poden tener entre 20 e 500 km de ancho segundo o modo de traballo do radar. Ademais pode realizar exploracións laterais, fora do vertical do satélite.
A nave ten sistemas máis avanzados con respecto da súa predecesora, como por exemplo grabadoras de estado sólido en lugar de cinta e un receptor GPS para determinar a súa posición con precisión.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Radarsat 1
Ligazóns externas Páxina de Radarsat 2 na Axencia Espacial do Canadá
Categoría:Satélites artificiais