Fórmula Abierta foi un grupo musical que xurdiu da primeira edición do concurso Operación Triunfo, formado polos catro primeiros participantes que abandonaron a academia: Geno Machado, Mireia Montávez, Javián Antón e Àlex Casademunt.

Traxectoria Inicialmente, cando foron presentados, eran cinco. Ademais de Geno, Mireia, Javián e Àlex estaba xunto a eles outro compañeiro de Operación Triunfo, Juan Camus, co que realizaron varias actuacións. Antes da gravación do primeiro disco, Juan abandonou a formación para seguir en solitario.Biografía de Juan Camus

En 2002 lanzaron o seu primeiro disco, Aún hay más, que chegou a ser disco de platino. Despois do éxito, Àlex Casademunt abandonou o grupo para empezar a súa carreira en solitario. No segundo disco, La verdad, publicado en 2003, Àlex foi substituído por Miguel Ángel Silva, concursante da segunda edición de OT. En 2004 lanzaron o seu terceiro disco, Fórmula 04.

As súas cancións tiveron un grande éxito e Te quiero más e Hello my friends foron cancións do verán. Ademais foron habituais en anuncios de televisión.

Despois de compartir grupo, Mireia e Miguel Ángel casaron e tiveron dous fillos en común.

Discografía Álbums 2002: Aún hay más 2003: La verdad 2004: Fórmula 04

Sinxelos Te quiero más (2002) Mi cruz y mi fe (2002) Hello, my friends (2003) Yo no sé (2003) Ya llegó el carnaval (2004) Salsa para vivir (2004) Qué calor (2004)

Notas

Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Operación Triunfo