miniatura|Polbo á feira.
A Feira de Santos de Monterroso é un evento que se celebra cada ano o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, na vila lucense de Monterroso, capital da comarca da Ulloa.1 e 2 en Turgalicia.
Esta feira, que ten lugar cando menos dende 1450, foi declarada festa de interese turístico de Galicia no ano 2011.Resolución do 3 de maio de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de abril de 2011…
A feira na cultura popular Refraneiro Bestas en pelo hainas en Monterroso.Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961, s. v. besta.
Cantigueiro Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo.No texto: vín, de un. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 189. Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.Pérez Ballesteros, II, 223. No orixinal: N'a miña, n-a feira, d'a cabalo, d'un raposo Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo.Saudade 4, xullo 1943, 27. Se ti viras o que eu vin/ na feira de Monterroso,/ vinte e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo. Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo. Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo.Xaquín Lorenzo, 147. No orixinal: vín, de un. Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo.Xaquín Lorenzo, 147. No orixinal: vín, de un. Si ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesentamil corvos/ da cabalo dun raposo.Pérez Ballesteros, I, 22. No orixinal: n'o monte, d'a cabalo, d'un raposo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (2010). A Feira De Monterroso. ISBN 978-84-96351-64-6.
Outros artigos Queixo de Arzúa-Ulloa Semana verde de Silleda Queinaga
Ligazóns externas Concello de Monterroso "Feria antes que pueblo", artigo en El País, 12 de setembro de 2010 . 20px "Tipismo galaico" no NO-DO, 16 de novembro de 1959 .
Categoría:Monterroso Categoría:Festas de interese turístico de Galicia Categoría:Feiras