Cristina García López, nada en Ourense en 1977, é unha xornalista galega.Cristina García: “Hai que saber calar, os protagonistas dos programas son os convidados” en noticieirogalego.com
Traxectoria Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar na TVG no ano 2000, no programa de Ana Kiro. Presentou o espazo A tarde na Radio Galega durante oito tempadas. É coordinadora de diferentes espazos da Radio Galega e presentadora, xunto a Kiko Novoa e Marcos Pereiro, do Galicia por Diante.
É creadora do podcast Superando a ficción.
Recoñecementos 2004: Premio ao Mellor Traballo Emitido da Asociación Galega de Radiodifusión. 2022: II Premio de xornalismo ético no tratamento da violencia machista Sesé Mateo polo episodio "Mentres dormes" do podcast Superando a ficción.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela