O Philadelphia Union é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Filadelfia e xoga os seus partidos en Chester, Pensilvania polo que xoga na Conferencia Leste. A franquía xoga na MLS dende o ano 2010 . As cores principais do equipo son o azul mariño e o ouro, o seu segundo equipamento é branco con detalles coas cores principais do club.
Historia Nacemento A creación desta franquía provocouse polo traballo dos seus seareiros. En 2007 os amantes do fútbol da cidade de Filadelfia crearon a asociación Fillos de Ben, esta asociación tiña como propósito crear un equipo da MLS na cidade. O traballo da asociación deu froito no ano 2009 cando se anunciaba a creación do Philadelphia Union e a súa estrea na tempada 2010. O nome "Unión" representa a unión entre as 13 colonias durante a guerra de independencia, e as súas cores —azul mariño e ouro— son un tributo ós uniformes do Exército Continental.
Primeiras tempadas No primeiro ano a franquía rematou na décimo cuarta posición, comezaron a tempada xogando no Lincoln Financial Field e remataron no PPL Park, nos dous estadios os seareiros responderon cunha gran asistencia. A pesar da mala campaña dos de Filadelfia cabe destacar a gran tempada do francés Sebastien Le Toux que marcou 14 goles e deu 11 asistencias e foi nomeado coma MVP do equipo. Tras a tempada de adaptación, no ano 2011 o The U rematou terceiro na súa conferencia e clasificouse por vez primeira ós playoffs, pero non lograron superar o Houston Dynamo nas semifinais de conferencia. Este ano de novo brillou o xogo do francés Sebastien Le Toux.
Tras a que fóra a primeira aparición nos playoffs da franquía, as expectativas eran altas para o Philadelphia Union na tempada de 2012. Pero o ano comezou mal coa marcha da estrela Le Toux, e seguiu cós malos resultados do equipo que provocaron o despido de Peter Nowak e chegou Jason Hackworth. O xogador máis destacado foi Carlos Valdés que foi seleccionado para xogar o MLS All-Star Game. No 2013 volveu Le Toux o equipo, acompañado por outros veteranos e algunhas xoves promesas. O equipo comezou o campionato con bos resultados e na parte alta na táboa, pero un mal remate de tempada deixou a posibilidade para o Philly a tan só tres puntos.
No ano 2014 a racha de resultados foi o contrario que o ano anterior, o equipou empezou moi mal o que provocou o despido de Jason Hackworth, despois da chegada do novo adestrador, Jim Curtin os resultados melloraron e remataron nun decente sexto posto, pero de novo fóra dos playoffs. O ano seguinte a franquía volveu quedar fóra dos playoffs, a pesar da ampliación da clasificacións os playoffs de seis equipos por conferencias, xa que The U remataron novenos. Na sexta tempada do equipo na MLS, o Philadelphia Union logrou a súa segunda clasificación ós playoffs pero non foron capaz de superar ó Toronto FC na primeira rolda.
Xogadores *Actualizada a 21 de novembro de 2016http://www.philadelphiaunion.com/players
†Este xogador está cedido polo Tombense Futebol Clube.
‡Este xogador está cedido polo Os Belenenses.
¶Este xogador está cedido polo Atlanta United FC.
Récords Clasificación de goleadores Actualizado a 7 de xaneiro de 2017 NomePartidosGoles1 Sébastien Le Toux 189 532 Jack McInerney 101 283 Conor Casey 76 214 C. J. Sapong 64 165 Chris Pontius 36 146 Danny Mwanga 63 127 Roland Alberg 32 118 Freddy Adu 41 109 Andrew Wenger 60 910 Vincent Nogueira 72 9 En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual
Ránking máis partidos Actualizado a 7 de xaneiro de 2017 NomePartidos1 Sébastien Le Toux 1892 Brian Carrol 1793 Sheanon Williams 1524 Raymon Gaddis 1325 Amobi Okugo 1246 Zac MacMath 1107 Jack McInerney 1018 Fábinho 989 Michael Farfán 9010 Carlos Valdés 78 En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual.
Notas
Categoría:Equipos da Major League Soccer