Thuggee ou tuggee (; ; ; ; ) refírese ós actos dunha sociedade secreta da India que se adicaba profesionalmente ó roubo e ó asasinato.

Os thugs viaxaron en grupos a través do subcontinente indio durante seis séculos."Tracing India's cult of Thugs". 3 de agosto de 2003. Los Angeles Times. Malia que eles sinalaron a súa orixe en sete tribos musulmás, os hindús semellan estar asociados a eles nun período máis antigo. Foron mencionados por vez primeira por Ẓiyā-ud-Dīn Baranī en Historia de Fīrūz Shāh, datado do ano 1356.http://www.britannica.com/EBchecked/topic/594263/thug Durante a década de 1830, os thugs foron sinalados para a súa erradicación polo Gobernador Xeral da India, William Bentinck e o seu capitán, William Henry Sleeman. Os thugs foron aparentemente destruídos. miniatura|280px|Os thugs foron unha seita secreta de asasinos que adoraban á deusa hindú Kali.|esquerda Para tomar vantaxe das súas vítimas, os thugs uníanse ós viaxeiros e gañaban a súa confianza. Isto permitíalles sorprender e esganar ós viaxeiros cun pano ou cunha soga. Despois roubábanos e enterraban as súas vítimas. Esta forma de actuar fixo que fosen chamados Phansigar ("que usan unha soga"), un termo máis común no sur da India. A verba "Thuggee" deriva do hindi ठग, que significa "mentirán".Thugs 1902 Encyclopædia Britannica''.Pali-sthag''

Notas

Categoría:Sociedades secretas Categoría:India británica