Claudio González Añel, máis coñecido como O Cuco de Velle, nado en 1916 na parroquia de Santa Marta de Velle (Ourense) e finado na mesma aldea o 8 de marzo de 1993, foi un taberneiro e músico galego de recoñecida sona. Traxectoria Comezou a súa andaina, nos anos trinta e corenta do século XX, tocando o acordeón polas festas da contorna ourensana, como Luíntra, Vilar de Barrio ou O Castro de Caldelas. Participou durante cincuenta anos na Coral de Ruada onde foi solista de barítono. A fama chegoulle coa apertura da taberna A Palleira'en Velle, rexentada por el mesmo, onde recibía todos os domingos grandes masas de persoas que se achegaban a degustar unha ración de polbo e unha cunca de viño da propia colleita do Cuco. Alí naceu a Charanga do Cuco de Velle, formación coa que levou a música tradicional por toda Galicia. A charanga estaba composta por doce ou quince compoñentes, que empregaban diversos instrumentos: gaitas, clarinetes, acordeóns, guitarras, tambores, bombos, pandeiretas, cunchas, botellas, etc.

Homenaxes Recibiu varias homenaxes, entre elas unha en vida, en 1988, e outra póstuma en 2005. Na homenaxe do ano 1988 colocóuselle unha placa co nome del a unha rúa da aldea de Velle e no mesmo participaron numerosas autoridades e veciños da aldea. Na homenaxe do ano 2005, que foi organizada pola Comisión de Festas da súa aldea natal, fíxose un certame coas Bandas de Músicas máis importantes da provincia, entre elas as de Vilanova dos Infantes, Celanova e Barbadás.

Discografía, coa Charanga do Cuco de Velle Na Palleira (1980, Dial Discos, producido por Suso Vaamonde). San Saturniño Boa saúde 1992 Rosiña A Porcona A La Habana Mamita San Benitiño Mexunxe Trullada da Vendima O paraugas do Xosé Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Actuación da Charanga do Cuco de Velle en Sitio Distinto. A La Hábana A Porcona Inolvidable Cuco de Velle O Cuco de Velle recibirá mañá unha homenaxe cun certame de bandas de música. O Cuco de Velle recordaba as súas experiencias como músico dende "A Palleira".

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia