A OU-122 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sobradelo e o Porto de Fonte da Cova; ambas no concello de Carballeda de Valdeorras. Ten unha lonxitude de 26,26 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-536 en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e finaliza nun cruzamento coa LE-126 no porto de Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) co límite provincial de Ourense e León (Castela e León).
Percorrido
Nace a uns 385 m de altitude, a carón da desembocadura do río Casaio no río Sil, e ascende até os 1765 m de altitude. Ao pouco de comezar hai un desvío á dereita cara a Robledo pola estrada OU-0802. Logo de pasar a carón do encoro de Casoio comeza a ascender. No km 5 atravesa Viladequinta, no km 8 atravesa o lugar do Trigal e pouco despois hai un desvío á esquerda cara á Portela. No km 11 hai un desvío á esquerda cara a Lardeira, e no km 16 hai un desvío á dereita cara a Casaio pola estrada OU-123. Ao chegar á Fonte da Cova continúa como estrada LE-126 co límite provincial de Ourense e León (Castela e León).
Historia esquerda|miniatura|Inicio da estrada en Sobradelo. A construción da estrada foi iniciada en 1938, cando un consorcio hispano-alemán comezou a explotar as minas de Valborraz, en Casaio. Por Sobradelo pasaba a estrada entre Ourense e Ponferrada (despois nomeada N-120, actual N-536), pola que se levaba o mineral extraído na mina até o porto de Vigo, onde embarcaba cara a Alemaña.
A estrada está en boas condicións para a circulación, porque é utilizada decote por camións debido ás numerosas minas de lousa que hai na zona. No seu percorrido conserva dous fitos quilométricos.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:Carballeda de Valdeorras