Cayetana Guillén Cuervo, nada en Madrid o 13 de xuño de 1969, é unha actriz, xornalista e presentadora de televisión española.

Traxectoria É a filla máis nova dos actores Fernando Guillén e Gemma Cuervo, ten dous irmáns, Natalia e o tamén actor Fernando Guillén Cuervo. É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Está casada co fotógrafo Omar Ayyashi Ramiro (español de orixe palestina), co que ten un fillo chamado Leo.Encontros fotográficos

Vida profesional Os seus inicios profesionais sitúanse na segunda metade da década de 1980, tanto no ámbito da televisión como do teatro. Na pequena pantalla debutou en 1986 cun pequeno papel secundario na serie Segunda enseñanza, escrita por Ana Diosdado e dirixida por Pedro Masó.Teleprograma Sobe por primeira vez a un escenario profesional un ano máis tarde no madrileño teatro Alcázar para representar Coqueluche, de Roberto Romeu, protagonizada por Mercedes Alonso.El País Nos seguintes anos compaxina a súa actividade no teatro con aparicións esporádicas en televisión, e debutou finalmente no cine en 1989 ás ordes de Imanol Uribe en La luna negra.

Xa na década de 1990, actuou en dúas obras da compañía Strion, de Aitana Sánchez-Gijón: xunta Aitana e o seu irmán Fernando en Entre bobos anda el fuego (1991) e con Manuel de Blas, en Thriller imposible (1992). Logo pasa ás ordes de Adolfo Marsillach na Compañía nacional de teatro clásico, na que interpretou obras de Miguel de Cervantes (La gran sultana, 1993) e Lope de Vega (Fuenteovejuna, 1993).

Na segunda metade da década abandonou o traballo no teatro, o que coincidiu coa estrea dos seus maiores éxitos no cinema. Participou en Todo sobre mi madre, de Pedro Almodóvar; Más que amor, frenesí, de Alfonso Albacete e sobre todo protagonizou dous dos máis importantes títulos da filmografía de José Luis Garci: La herida luminosa (1997), co seu pai, e El abuelo (1998), con Fernando Fernán Gómez de protagonista. Esta película foi nomeada ó Premio Óscar e Cayetana recibiu unha nomeamento ó Premio Goya á mellor actriz protagonista.

En 1998 estréase na súa faceta de presentadora de televisión, labor que mantería ininterrompidamente, polo menos os seguintes 15 anos, sempre na cadea La 2, de Televisión Española, e en espazos culturais ou especificamente enfocados á sétima arte. Desde esa data está á fronte do programa Versión española, con proxección dunha película española e posterior entrevista con membros do equipo artístico e técnico.El País Outros programas inclúen D-Cale (2006), Días de cine (2008-2011) e Atención obras (2013- ), sobre as novidades teatrais.

Nas décadas de 2000 e 2010 mantén unha presenza habitual tanto en cine como en teatro e televisión, neste último caso, compaxinando labores de actriz e de presentadora.

Desde a segunda metade da década de 2000 é, ademais, columnista do diario El Mundo.

Filmografía

Películas Ano Película Personaxe 1989 La luna negra Enfermeira 1991 Don Juan en los infiernos Rapaza Rio El amor sí tiene cura Teresa 1992 La marrana Putilla Un paraguas para tres Dependenta Amo tu cama rica Lola 1995 Historias del Kronen Irmá de Carlos Los hombres siempre mienten Cristina 1996 Más que amor, frenesí Mónica Corsarios del chip Vicky 1997 Hazlo por mí Victoria La herida luminosa Sor María 1998 El abuelo Dona Lucrecia Richmond Atómica Isabel Velasco 1999 Sí, quiero... Candela Todo sobre mi madre Mamen 2002 Fumata Blanca Ana Caligaro 2004 La mirada violeta Violeta Amor idiota Sandra Las huellas que devuelve el mar Laura 2012 Una pistola en cada mano Sara

Series de televisión Ano Serie Personaxe Cadea Notas 1986 Segunda enseñanza Brigitte TVE 1 episodio 1994 Historias de la puta mili Filla do Coronel Telecinco 13 episodios Colegio Mayor Julia Torres Telemadrid 14 episodios La mujer de tu vida 2 Paula/Susana TVE 2 episodios 1996 Yo, una mujer Paula Antena 3 13 episodios 2000 Raquel busca su sitio Quela TVE 25 episodios 2005 Lobos Carmen Lobo Antena 3 9 episodios 2009 - 2010 Amar en tiempos revueltos Estela del Val TVE 82 episodios 2015 - presente El Ministerio del Tiempo Irene Larra TVE ¿? episodios

Programas de televisión Ano Programa Cadea Notas 1994 ¿Y quién es él? TVE Copresentadora 1994 - 1995 Hermida y Cía Antena 3 Colaboradora 1998 - presente Versión española La 2 e TVE Presentadora 2006 - 2007 D-Calle La 2 Presentadora 2007 El blog de Cayetana TVE Presentadora 2008 - 2011 Días de cine La 2 Presentadora 2013 - presente ¡Atención obras!El País La 2 Presentadora 2016 - presente Celebrity MasterChef La 1 Concursante

Teatro Ano Obra Autor Teatro 1987 Coqueluche Roberto Romero Teatro Alcázar Rudens Plauto Teatro Romano de Mérida 1988 Séneca o el beneficio de la duda Antonio Gala Teatro Imperial, Madrid Los ochenta son nuestros Ana Diosdado Teatro Infanta Isabel 1989 Una farola en el salón Santiago Paredes Teatro Infanta Isabel 1991 Entre bobos anda el juego Francisco de Rojas Zorrilla Lope de Vega (Sevilla) 1992 Thriller imposible Ángel García Suárez Centro Cultural de la Villa 1993 Fuenteovejuna Félix Lope de Vega CNTC La Gran Sultana Miguel de Cervantes CNTC 2002 La prueba David Auburn Marquina (Madrid) 2010 Amar en tiempos revueltos presenta El diablo bajo la cama Josep María Benet Teatro Bellas Artes (Madrid) 2013 Fuegos Marguerite Yourcenar Festival de Mérida 2013 - 2014 El Malentendido Albert Camus Centro Dramático Nacional 2015 Hedda Gabler Henrik Ibsen Centro Dramático Nacional

Premios Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz por O avó.«Medallas da CEC á produción española de 1998». Premio na Mostra de Cine de Valencia á mellor interpretación feminina por Hazlo por mí. Premio Ercilla Revelación de Teatro por Entre bobos anda el juego.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial de Cayetana Guillén Cuervo. Sitio oficial do programa de TVE Versión española.

Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Presentadores de Televisión Española