HD 189733 b é un planeta extrasolar que se atopa a 63 anos luz do Sistema Solar na constelación de Vulpecula. O planeta foi descuberto orbitando a estrela HD 189733 A o 5 de outubro de 2005, cando astrónomos de Francia observaron to planeta transitando a través da superficie da estrela. Cunha masa un 13% maior que a de Xúpiter, HD 189733 b orbita a súa estrela unha vez cada 2,2 días cunha velocidade orbital de 152,5 km/s, o que o converte nun Xúpiter quente con poucas perspectivas de vida extraterrestre. Sendo o máis achegado Xúpiter quente á Terra, HD 189733 b é obxecto dunha extensa investigación atmosférica. HD 189733 foi o primeiro planeta extrasolar para o cal se creou un mapa termal, en ser detectado con polarimetría, en ter a súa cor xeral determinada (azul profundo), en ter o tránsito detectado polo espectro dos raios X e en ter detectado dióxido de carbono na súa atmosfera.
En xullo de 2014, a NASA anunciou que atopara atmosferas moi secas en tres planetas extrasolares (HD 189733b, HD 209458b, WASP-12b) orbitando estrelas semellantes ó Sol.miniatura|Tamaño comparativo de HD 189733 b (dereita) con Xúpiter (esquerda).|centro Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Planetas extrasolares