O catalán, coñecido como valenciano no País Valenciano e no Carche, é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural.Els Països Catalans en Enciclopèdia.cat

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.

Historia miniatura|esquerda|Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o catalán. As primeiras testemuñas de catalán escrito son do século IX, aínda que o primeiro documento considerado literario en catalán son as Homilies d'Organyà, do século XIII. Ata os séculos XVI e XVII, cando empeza o retroceso da lingua en favor do castelán, o catalán esténdese e a súa literatura é desenvolvida por autores como Ramon Llull (s.XIII-XIV), Ausiàs March e Joanot Martorell (s.XV).

O uso do catalán foi prohibido no Principado de Cataluña no campo oficial desde o Decreto de Nova Planta (1716), no País Valenciano (1707) e en Mallorca e Eivissa (1715). Na Cataluña Norte estaba prohibido desde 1700. Menorca pasou a soberanía británica en 1713. Estas prohibicións mantivéronse excepto durante a primeira e a segunda república nos territorios cataláns de España e ata a entrada dos diferentes estatutos de autonomía entre 1978 e 1983. Esta oficialidade é compartida co castelán en tódolos territorios.

O catalán foi a lingua habitual en parte do Reino de Murcia e na cidade de Cagliari, en Sardeña, ata o século XVIII. Durante o século XIX houbo importantes colonias de catalanofalantes en Florida e Alxeria, co dialecto extinto coñecido como patuet.

Características As seguintes características son algunhas das mutacións do latín que se foron facendo durante a consolidación do catalán, aínda que tamén se mostra outras características xerais.

Vocalismo Características comúns co grupo chamado galorrománico: Caída das vogais átonas finais excepto -A (MURU, FLORE > mur, flor) que a opón ao grupo iberorrománico que conserva a vogal no primeiro caso (muro, pero non en flor/chor) ou italorrománico que o conserva todo (muro, fiore).

Características comúns co occitano: O catalán presenta maior riqueza de ditongos: ([aj] mai -nunca-, [ej] ei -eh interxección-, [aw] cau -cae-, [ew] beu -bebe-, [ow] pou -pozo-, ...)

Características que o opón ao galorrománico: Conservación do son -u- latino (catalán lluna, occitano luna ['lyno], francés lune ['lyn]).

Características que o opón ao occitano (de xeito xenérico): Redución do ditongo AU a O aberto (CAULIS, PAUCU > col -col-, poc -pouco-).

Características do sur de Romania occidental: O grupo -ACT- convértese en -ET (LACTE, FACTU > llet -leite-, fet -feito-)

Consonantismo Característica da Romania occidental: Sonorización de -P-, -T-, -C- intervocálicos en -b-, -d-, -g- (CAPRA, CATENA, SECURU> cabra, cadena, segur)

Características comúns co conxunto chamado galorrománico: Mantemento dos grupos iniciais PL, CL, FL- (PLICARE, CLAVE, FLORE> plegar, clau, flor). Esta característica opón o catalán ás linguas iberorrománicas (en castelán llegar, en galego/portugués chegar) Como no francés e no occitano, prodúcese unha sonorización de fonemas xordos finais cando o primeiro fonema da seguinte palabra é unha vogal ou é unha consoante sonora. Estas sonorizacións afectan aos fonemas [s], [t], [p], , [k] e converténdose en [z], [d], [b], , [g] e . Exemplos (en pronunciación valenciá): "els homes" (os homes) [els] e -> ; "peix bo" (peixe bo) e -> ; "blat bord" (trigo silvestre) [blat] e -> .

Características comúns co occitano (lenguadociano máis precisamente) Caída de -N intervocálico convertido en final no léxico (PANE, VINU> pa -pan-, vi -viño-). A diferenza do lenguadociano, o plural conserva este [n] (ex: pans, vins) excepto nalgunhas falas setentrionais. Enxordecemento das consoantes finais: verd [t], àrab [p]...

Características específicas:

A característica máis peculiar do catalán é o seguinte que case non se atopa en ningunha outra variedade da Romania: -D- intervocálico convertido a final pasa a -u (PEDE, CREDIT > peu -pé-, (ell) creu -cre-) -C e, i, final > -u (CRUCEM > creu -cruz-) As terminacións -TIS na flexión verbal (2a persoa do plural) derivaron a -u (Exemplo: mirades. MIRATIS > *miratz > *mirau > mirau/mireu.

Outras características, tamén orixinais, teñen unha extensión superior ás linguas románicas. Redución dos grupos consonánticos -MB-, -ND-> -m-, -n- (CAMBA, CUMBA, MANDAR, BINDA> cama -ant. cama, perna-, coma -coma-, manar -mandar-, bena -venda-), característica compartida co occitano gascón e o lenguadociano meridional. Palatalización do L- inicial (LUNA, LEGE> lluna -lúa-, llei -lei-). Esta característica atópase no foixeño (occitano) e na zona astur-leonesa. Palatalización do grupo -NN- (ANNUS > any -ano-, CANNA> canya -cana-), característica compartida co castelán. Palatalización de -is- procedente de -X-, SC- (COXA, PISCE> cuixa -coxa-, peix -peixe-) Mantemento de africadas protorrománicas de J, G e, i (JACTARE, GELARE> gitar -deitar-, gelar -xear-) Presenza de xeminadas: setmana [mm], cotna [nn], espatlla [ʎʎ] (ou espatla [ll]), intel·ligent [ll]. Estas só son comúns ao occitano e ás variedades itálicas.

Morfoloxía Unha parte do catalán (Baleares, Costa xerundense) conservou o artigo chamado "salat" (< latín IPSE), probablemente anterior á forma derivada de ILLE. Esta forma de artigo só se conservou de xeito dominante no sardo e está en perigo, se non desapareceu, nalgunhas áreas da Provenza e de Sicilia. Os artigos máis usuais (e normativos) son el, la, els, lles (agora ben, en falas occidentais, no norte de Castelló e no alguerés perduran aínda as formas masculinas lo, los). Contrariamente ás variedades iberorrománicas, o catalán practica certas elisións. Algunhas se escriben, como o home > l'home, e outras son orais: "quinze anys" [kin'zaɲs] O feminino plural fórmase con "-es" (casa > cases) Existe a formación do pretérito mediante perífrases cunha conxugación especial do presente do verbo "anar" -ir-.

Léxico O léxico básico catalán parece demostrar máis afinidades co grupo galorrománico que co iberorrománico. Estas similitudes son máis claras co occitano.

FENESTRA > finestra (oc. fenèstra/finèstra, fr. fenêtre, it. finestra) e VENTU- > ventana (esp.), JANUELLA > janela (port.) MANDUCARE > menjar (oc. manjar, fr. manger, it. mangiare) e COMEDERE > comer (esp., gl., port.) MATUTINU- > matí (oc. matin, fr. matin/matinée, it. mattino/mattina) e HORA MANEANA > mañana (esp.), amanhã (port.) PARABOLARE > parlar (oc. parlar, fr. parler, it. parlare) e FABULARE > hablar (esp.), falar (gl. e port.) TABULA > taula (oc. taula, fr. table, it. tavola) e MENSA > mesa (esp., gl. e port.).

Sistema de escritura O seu alfabeto, derivado do latino, consta de 26 letras. O sistema de escritura tamén presenta certas características particulares. O catalán presenta unha característica única, a escritura do -l- xeminada: -l·l- (como en intel·ligent -intelixente-). A outra característica é o -ny- [ɲ] (equivalente ao "ñ") que só se atopa de xeito xeral no húngaro. Tamén cabe comentar a grafía -ig [tʃ] representada en poucas palabras (como faig -fago-, maig -maio-, mig -medio-, puig -monte-, raig -raio-, roig -vermello-, vaig -vou-, veig -vexo-) ou o "t consoante" para a representación de consoantes dobres con: tm, tn, tl, tll, ou africación: tg i tj (setmana, cotna, atles, bitllet, jutge, platja).

Gramática Os substantivos e adxectivos cataláns declínanse en xénero e número. Os substantivos pertencen ao xénero masculino, cos indefinidos un/uns, ou feminino, coas formas una/unes. Igual que os determinantes, os adxectivos deben concordar en xénero e número co substantivo que acompañan. Por exemplo, o sintagma el gat petit (o gato pequeno) pode flexionarse da seguinte maneira:

Singular Plural Masculino el gat petit els gats petits Feminino la gata petita les gates petites

No caso dos substantivos que poden ir en masculino ou feminino, o feminino fórmase habitualmente engadindo o sufixo -a á forma masculina; por exemplo, gat/gata ou nen/nena. Con todo, tamén hai numerosos subtantivos que presentan unha forma diferente para o masculino e feminino (home/dona, bou/vaca), que forman o feminino de forma especial (emperador/emperadriu, metge/metgessa) ou que teñen a mesma forma para o masculino e o feminino (estudiant, portaveu). Nalguns poucos casos especiais, un substantivo pode cambiar de xénero se cambia de número. Por exemplo, l'art paleocristià e les belles arts.

Variedades dialectais Do mesmo xeito que as demais linguas románicas da Península, o catalán é notable pola súa uniformidade e as variantes dialectais non son demasiado diverxentes nin comprometen a comprensión mutua. A división dialectal usada actualmente é a que Manuel Milà i Fontanals propuxo xa no ano 1861: o bloque dialectal oriental (que inclúe os dialectos central, insulares e de Francia) e o bloque dialectal occidental (que inclúe o valenciano e o noroccidental). Pero ata entre estes grandes grupos a diferenza é pequena, e as discrepancias afectan máis ben á fonética (as vogais non acentuadas), que xa que logo non se reflicten na escritura, e a pequenas variantes morfolóxicas e léxicas.

Os bloques dialectais non se poden delimitar con exactitude porque entre un e outro sempre hai unha franxa de transición, máis ou menos ampla (excepto nos insulares, obviamente). Ademais, ningún bloque é totalmente uniforme: calquera dos que hai pódense dividir en varios dialectos. Aténdose a iso, a lingua catalá pódese dividir en dous bloques dialectais e en subdialectos:

BLOQUE OCCIDENTAL Catalán noroccidental Ribagorzano (da comarca da Ribagorça) Pallarés (da comarca do Pallars) Leridano (de Lleida) Valenciano de transición ou Tortosino Dialecto de transición entre o valenciano e o catalán noroccidental, falado no Maestrazgo, comarcas catalás do Ebro e na comarca de Matarraña. Valenciano Castellonense (do sur da prov. de Castelló) Apitxat, ou valenciano central Meridional Alacantino 320px|Variedades dialectais do catalán BLOQUE ORIENTAL Catalán setentrional Rosellonés (do Rosellón) Capcinés (da comarca do Capcir) Setentrional de transición Catalán central Salat ou salgado (da Costa Brava) Barcelonés (de Barcelona) Tarragonés (de Tarragona) Xipella (das comarcas de Alt Urgell, Segarra e Conca de Barberà) Balear Mallorquino (de Mallorca) Menorquino (de Menorca) Eivisenco (de Eivissa e Formentera) Mallorquino de Tàrbena e la Vall de Gallinera Alguerés (da cidade italiana de L'Alguer)

Estándares do catalán Existen dous estándares principais para a lingua catalá, o regulado polo Institut d'Estudis Catalans, o estándar xeral, tendo como centro a ortografía establecida por Pompeu Fabra coas características do catalán central máis a proximado ao de Barcelona, non influenciado polo castelán, e o regulado pola Acadèmia Valenciana de la Llengua, estándar de ámbito restrinxido, centrado na estandarización do valenciano tomando como base as Normas de Castelló, ou sexa, a ortografía de Pompeu Fabra pero máis adaptada á pronuncia do catalán occidental e ás características dos dialectos valencianos.