O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano (278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.

Acontecementos 610 - Heraclio chega por barco dende África a Constantinopla, derrota o emperador bizantino Focas e coróase novo emperador. 1476 - Tratado de Tudela polo que Fernando o Católico intervén en Navarra. 1511 - Fernando o Católico únese cos Estados Pontificios e con Venecia na chamada Liga Santa para frear a crecente hexemonía francesa na Italia. 1535 - Os colonizadores españois fundan a cidade de Sincelejo (Colombia). 1535 - María Tudor, filla de Henrique VIII e de Catarina de Aragón, é coroada raíña de Inglaterra. 1582 - Roma: O papa boloñés Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano na substitución do calendario xuliano. En Polonia, España, Portugal e Italia, a noite do xoves 4 de outubro de 1582 deu paso o venres 15 de outubro. 1766 - O navegante francés Louis Antoine Bougainville accede a deixar as illas Malvinas ao mando da Capitanía Xeneral de Buenos Aires tras aceptar de España unha forte suma de diñeiro. 1824 - México independízase de España e fúndase a República de México. 1830 - Independencia de Bélxica, despois da separación dos Países Baixos. 1840 - Milicia liberal de Vigo ataca Pontevedra con artillaría no marco da disputa pola capitalidade da provincia. 1883 - Primeiro percorrido do tren Expreso do Oriente. 1890 - Robert Koch recomenda a tuberculina como vacina tralo experimento que demostra que unha segunda infección de tuberculose non ten ningún efecto en animais que xa estaban infectados pola enfermidade. 1895 - Celébrase o primeiro US Open de Golf, en Rhode Island. 1905 - Os irmáns Wright realizan en Dayton un voo de máis de media hora de duración. 1910 - O aviador francés Tabuteao realiza un percorrido en biplano dende Donostia a Baiona. 1910 - Portugal proclama a república e o rei Manuel II foxe a Bretaña. 1918 - Abdicación do tsar Fernando I de Bulgaria a favor do seu fillo Boris I. 1921 - A Sociedade de Nacións rexeita acudir na axuda de Rusia e atribúe a fame que azouta ese país a súa dirección política. 1934 - Constitúese un goberno presidido por Alejandro Lerroux, con membros da CEDA. Como protesta, os socialistas chaman á folga xeral, que se converteu na chamada "revolución de Asturias", na que morreron 1.335 persoas. 1945 - Segunda guerra mundial: O xeneral MacArthur, comandante supremo das forzas estadounidenses no Xapón, proclama a lei de liberdades civís nese país. 1956 - Inaugúrase a base naval hispano-estadounidense de Rota. 1957 - Os rusos colocan en órbita o primeiro obxecto artificial da historia: o Sputnik I. Un mes máis tarde lanzan o Sputnik II, cun ser vivo a bordo: a cadela Laika. 1958 - O primeiro servizo transatlántico con pasaxeiros é inaugurado por British Airways entre Londres e Nova York. 1959 - A sonda lunar Lunik III tira, durante o seu voo arredor da Lúa, as primeiras fotografías da súa cara oculta. 1960 - EEUU lanza o espazo o "Courier IB", primeiro satélite activo de telecomunicacións. 1963 - A estrea en España da película estadounidense "Con faldras e ao tolo", protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis e Jack Lemmon, colleita un grande éxito. 1966 - Proclamación da independencia de Lesotho, antigo Basutoland, que permanece na Commonwealth. 1968 - O No-Do convértese na revista cinematográfica; a partir de agora o noticiario será renovado e constará, fundamentalmente, de tres partes: noticias breves, grandes reportaxes e páxinas en cor. 1971 - O Lunokhod I, da URSS, finaliza súa actividade investigadora na Lúa, o esgotárselle, ó cabo de dez meses, a fonte de enerxía que levaba. 1979 - España ratifica o Convenio de Dereitos Humanos. 1981 - Ali Jamenei, elixido presidente de Irán en substitución de Muhammad Ali Rajai. 1981 - Celébrase en Hamburgo o "Día da Saúde", organizado pola Asemblea da Saúde de Berlín. 1984 - O furacán Hortensia chega a Galicia. Ao seu paso deixa 2 vítimas mortais (4 máis fóra do país) e danos por riba dos 60 millóns de euros. 1987 - Michel Prufer bate o récord mundial de velocidade en esquí, a quilómetro lanzado, con 217,68 km/h. celebrado en Chile. 1988 - Amnistía Internacional revela nun informe o lamentable panorama mundial dos dereitos humanos os 40 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 1991 - Os delegados de 30 países firman en Madrid o acordo polo que se designa á Antártida "reserva natural para a paz e a ciencia" e prohíbese a explotación mineira durante 50 anos. 1997 - A Infanta Cristina de Borbón, segunda filla dos reis de España, e o deportista Iñaki Urdangarin casan na catedral de Barcelona. 2002 - Un tribunal estadounidense condena á tabaqueira Philip Morris a pagar 28 000 millóns de dólares a unha muller enferma de cancro de pulmón. 2007 - no parque nacional de Tsolofelo (Botswana) é enterrado o cadáver repatriado do Negro de Bañolas, o cadáver embalsamado dun home da etnia san (chamado pexorativamente «bosquimano»), que desde 1916 exhibíase como atracción turística no museo Darder de Banyoles (Cataluña).

Nacementos miniatura|100px|Lucas Cranach. 1276 - Margarida de Brabante, raíña de Alemaña. 1462 - Francisco Roldán Jiménez, expedicionario e navegante español. 1472 - Lucas Cranach, pintor alemán. 1550 - Carlos IX, rei de Suecia 1607 - Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español. 1720 - Giovanni Battista Piranesi, artista e gravador italiano. 1787 - François Guizot, político e historiador francés. 1814 - Jean-François Millet, pintor francés. 1822 - Rutherford Birchard Hayes, político e avogado estadounidense. 1841 - Prudente de Morais, presidente do Brasil (m.1902). 1853 - Armando Palacio Valdés, escritor español. 1858 - Michael Pupin, físico e inventor estadounidense de orixe húngara, pioneiro do teléfono, Premio Pulitzer 1924. 1861 - Frederich Remington, escultor e pintor estadounidense. 1868 - Marcelo Torcuato de Alvear, presidente da Arxentina (m.1942). 1878 - Doroteo Arango, "Pancho Villa", caudillo popular mexicano. 1880 - Juan March Ordinas, empresario e financeiro español. 1880 - Damon Runyon, escritor americano. 1881 - Walther von Brauchitsch, militar alemán. 1889 - Francisco Madrid e Villatoro, matador de touros español. 1891 - Henri Gaudier-Brzeska, escultor francés, pioneiro da escultura moderna. 1895 - Buster Keaton, cineasta e actor cómico estadounidense (m. 1966). 1903 - John Vincent Atanasoff, pioneiro da computadora americano. 1903 - Ernst Kaltenbrunner, funcionario militar alemán (m.1946). 1912 - Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo, arquitecto español. 1916 - Vitaly Ginzburg, físico ruso, Premio Nobel de Física. 1917 - Violeta Parra, cantante e folklorista chilena. 1917 - Jan Murray, cómico americano 1918 - Kenichi Fukui, químico xaponés, Premio Nobel de Química (m.1998). 1923 - Charlton Heston, actor estadounidense (m. 2008). 1926 - Miguel Espinosa Gironés, escritor español. 1928 - Alvin Toffler, escritor americano de novela científica. 1931 - Richard Rorty, filósofo estadounidense. 1937 - Franz Vranitzky, ex chanceler austríaco. 1938 - Kurt Wüthrich, químico suízo, Premio Nobel. 1941 - Jackie Collins, novelista británica. 1941 - Anne Rice, escritora de novela fantástica americana. 1943 - H. Rap Brown (Jamil Al-Amin), activista de dereitos civís. 1944 - Rocío Dúrcal, cantante e actriz española. 1946 - Susan Sarandon, actriz estadounidense. 1947 - Ann Widdecombe, membro do Parlamento británico. 1949 - Mariano Barbacid, investigador bioquímico español. 1949 - Armand Assante, actor estadounidense. 1950 - Francisco Araiza, tenor mexicano. 1953 - Tchéky Karyo, actor francés. 1955 - Jorge Alberto Valdano, futbolista hispano-arxentino. 1959 - Chris Lowe, músico británico, compoñente o grupo “Pet Shop Boys”. 1959 - Tony Meo, xogador inglés do billar ruso (snooker). 1962 - Jon Secada, cantante cubano. 1963 - A.C. Green, estrela do baloncesto. 1967 - Liev Schreiber, actor estadounidense. 1967 - Marcus Bentley, actor de dobraxe británico. 1974 - Mafalda Arnauth, cantante portuguesa 1976 - Alicia Silverstone, actriz americana. 1979 - Rachael Leigh Cook, actriz estadounidense.

Mortes 1072 - Sancho II, rei de Castela e León. 1160 - Costanza de Castela, raíña de Castela. 1226 - Francisco de Asís, santo católico italiano. 1582 - Teresa de Cepeda y Ahumada “Santa Tareixa de Xesús”, relixiosa española. 1669 - Harmenszoon van Rijn Rembrandt, pintor holandés. 1806 - Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo ilustrado galego (n. 1749). 1816 - James Hingston Tuckey, explorador británico. 1821 - John Rennie, enxeñeiro escocés. 1851 - Manuel Godoy, político español, valido de Carlos IV. 1904 - Frédéric Bartholdi, escultor da Estatua da Liberdade, francés. 1936 - Francisco Rodríguez Otero, político galego (n. 1901). 1946 - Barney Oldfield, pioneiro americano do automobilismo. 1970 - Janis Joplin, cantante estadounidense (n.1943). 1974 - Anne Sexton, poeta norteamericana. 1982 - Glenn Gould, pianista canadense. 1989 - Graham Chapman, cómico británico. 1991 - Domingo Quiroga Ríos, investigador e xornalista galego (n. 1900). 1992 - Dennis Hulme, automobilista neozelandés. 1997 - Gunpei Yokoi, deseñador e modisto xaponés.

1998 - Jean-Pascal Delamuraz, expresidente suízo. 1999 - Mariano Rubio Jiménez, político español, gobernador do Banco de España. 1999 - Bernard Buffet, pintor francés. 2000 - Violeta Friedman, escritora venezolana de orixe húngara. 2000 - Michael Smith, físico estadounidense, Premio Nobel de Química 1993. 2002 - André Delvaux, cineasta belga. 2009 - Daniel Cortezón, escritor galego. 2009 - Mercedes Sosa, cantante arxentina. 2013 - Võ Nguyên Giáp, militar e político vietnamita (n. 1911).

Festas e celebracións Día Mundial dos Animais Día Mundial do Sorriso

Outros Santoral: San Francisco de Asís (fundador dos franciscanos, patrón dos ecoloxistas e dos belenistas). Marco, Tiso, Crispín, Marciano, Queremón, Acepsimas, León, Isidoro, Quintin, Tirso e Bonifacio (mártires); Xoaquín, Lucio e Petronio (bispos); Crispo, Marcos e Caio (confesores); Paulo "O monxe" (beato); Diego Luis de Sanvitores (mártir). Calendario Romano: Theseia. Ceres.

Os 366 días do ano

04