Charles Alexis Oswald Durand, nado en Cap-Haïtien o 17 de setembro de 1840 e finado en Porto Príncipe o 22 de abril de 1906, foi un escritor, político e xornalista haitiano en francés e crioulo haitiano, foi o primeiro gran poeta da literatura haitianaMaximilien Laroche "Oswald Durand", ile-en-ile.org e está considerado o poeta nacional de Haití, é autor do canto patriótico Quand nos Aïeux brisèrent leurs entraves que desempeñou as funcións de himno nacional dende 1893 ata 1904.

Traxectoria Neto do barón de Vastey, Pompée Valentin Vastey. Tras o terremoto de 1842 quedou orfo de nai e pai, educándoo súa avoa materna. Pasou a súa primeira infancia en Ouanamithe. Oswald Durand foi profesor e despois director do instituto local de Gonaïves en 1866. Foi secretario do Consello de Ministros, en 1868. Estivo dous anosVerity Smith (1997) Encyclopedia of Latin American Literature Routledge, p. 276 na cadea polas súas ideas políticas (1883-1885) e exerceu como deputado dende 1885, reelixido ata seis veces, foi presidente da cámara en 1888. Fundou o xornal satírico Les Bigailles. Mentres estivo en prisión escribiu un dos seus poemas máis famosos en crioulo, e tamén o primeiro escrito nesa lingua con calidade literariaDash, J. Michael (1981) Literature and Ideology in Haiti, 1915–1961 Palgrave Macmillan, p. 20, Choucoune ao que puxo música Michel Mauléart Monton e que se converteu nun himno oficioso do país. Adaptouse en inglés co título de Yellow Bird e converteuse nunha melodía popular fóra do país, gravado por entre outros Harry Belafonte.

En 1896 publicou dous volumes con poemas aparecidos en xornais dende 1869 co título de Rires et pleurs que inclúe 160 poemas, dous escritos en criouloAmy Riensel (2008) Poetry of Revolution: Romanticism and National Projects in Nineteenth-century Haiti ProQuest, p. 106.

Notas

Categoría:Políticos de Haití Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Nados no departamento Norte Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en crioulo haitiano