Unai Rementeria Maiz, nado en Mundaka, Biscaia, en 1973, é avogado economista e político vasco, que dende o 2015 exerce como Deputado Xeral de Biscaia.Unai Rementeria toma posesión como deputado de Presidencia e portavoz foral
Biografía Nado en Mundaka o 10 de agosto de 1973, reside en devandito concello da costa biscaíña, está casado e ten dous fillos. Ademais de licenciado en Dereito e diplomado en Económicas pola Universidade de Deusto, é diplomado en Dereito Administrativo e Urbanístico. Conta cun máster en Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Biscaia, outro en Dereito Urbanístico polo IVAP, e coñecementos de contabilidade pública e privada.
Desempeñou un papel moi destacado no apoio ás familias dos mariñeiros do atuneiro Alakrana, secuestrado por piratas en outubro de 2009 durante 47 días fronte á costa de Somalia. Fala e escribe en castelán, éuscaro e inglés.
Traxectoria política Integrou, en calidade de independente, a candidatura local de EAJ-PNV nas eleccións municipais de 1999. Foi concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde de Mundaka desde 1999 a 2007. Ocupou a alcaldía deste concello biscaíño dende 2007 até 2013.
Tamén foi membro da xunta territorial de EUDEL (2007-2010), a asociación de concellos vascos. En 2009 estreouse como parlamentario no Parlamento Vasco en representación de EAJ-PNV (até 2011).
Nas eleccións municipais e forais dese ano foi elixido juntero e designado portavoz do grupo de EAJ-PNV nas Xuntas Xerais de Biscaia. Dende xaneiro de 2013 até o día de hoxe é deputado de Presidencia e voceiro da Deputación Foral de Biscaia.
Dentro de EAJ-PNV foi membro da Asemblea Nacional e do Bizkai Buru Batzar entre 2008 e 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Deputación Foral de Biscaia Unai Rementeria na Deputación de Biscaia Ficha de Unai Rementeria nas Xuntas Xerais de Biscaia Ficha de Unai Rementeria no Parlamento Vasco
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos do PNV Categoría:Alcaldes de Mundaka Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Nados en Mundaka