Henry Bolingbroke Woodward, nado o 24 de novembro de 1832 en Norwich, condado de Norfolk, Inglaterra, e finado o 6 de setembro de 1921, foi un xeólogo e paleontólogo inglés, coñecido polas súas investigacións sobre os fósiles de crustáceos e outros artrópodos.Obituario en Geological magazine. Consultado o 4 de decembro de 2016.
Traxectoria Woodward naceu en Norwich, Inglaterra, o 24 de novembro de 1832 e fixo os seus primeiros estudos nunha escola da súa cidade natal.
Era fillo do xeólogo e anticuario Samuel Woodward (1790-1838), e irmán de Bernard Bolingbroke Woodward (1816-1869) e de Samuel Pickworth Woodward (1821-1865), e tío de Horace Bolingbroke Woodward (1848-1914), todos eles tamén xeólogos.
En 1868 foi asistente no departamento de xeoloxía do Museo Británico e, en 1880, encargado dese departamento. En 1873 foi elixido membro da Royal Society. En 1878 recibiu o título de LL. D. (doutor superior) na universidade de St Andrews. Foi presidente da Sociedadde Xeolóxica de Londres desde 1894 até 1896.
Woodward foi presidente da Asociación de Xeólogos nos anos 1873 e 1874, presidente da Malacological Society de 1893 a 1895, presidente da Museums Association no ano 1900,"WOODWARD, Henry". Who's Who. Vol. 59. 1907. p. 1932. e presidente da Palaeontographical Society desde 1895, cando faleceu o que era o seu presidente daquela, T. H. Huxley, até a súa propia morte en 1921.
Foi o editor do Geological Magazine desde que comezou a publicarse en 1864, e editor único desde xullo de 1865 até o fin do ano 1918.
A colección de cunchas de Woodward, os seus manuscritos e os seus moldes de vertebrados fósiles encóntranse nos arquivos do Museo de Zooloxía da universidade de Cambridge.
Obras As súas obras máis recoñecidas son: Monograph of the British Fossil Crustacea, Order Merostomata (1866-1878). A Monograph of Carboniferous Trilobites (1883-1884).
Ademais destas monografías publicou moitas outras. Publicou tamén numerosos artigos en diferentes revistas científicas.
Recoñecementos En 1884 foi galardoado coa Medalla Murchison. En 1096 recibiu a medalla Wollaston da Sociedade Xeológica de Londres.
Abreviatura A abreviatura Woodward emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Paleontólogos do Reino Unido Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Nados en 1832 Categoría:Nados en Norfolk Categoría:Finados en 1921