A Associação Chapecoense de Futebol, coñecido simplemente como Chapecoense, é un equipo de fútbol brasileiro da cidade de Chapecó, no estado de Santa Catarina. Fundouse en 1974 e actualmente xoga na Série A do Campionato Brasileiro, a máxima categoría do país.

Historia O Chapecoense foi fundado o 10 de maio de 1973 a partir da fusión de dous clubs afeccionados. En catro anos proclamouse vencedor do Campionato Catarinense de 1977, o que lle permitiría acceder ao Campionato Brasileiro de Fútbol en 1978 e 1979. Con todo, non foi ata a década de 1990 cando puido consolidarse como un dos cinco grandes clubs de Santa Catarina, xunto cos seus rivais do Avaí, Criciúma, Figueirense e Joinville. Ao longo da súa historia gañou cinco torneos estatais (1977, 1996, 2007, 2011 e 2016).

A nivel brasileiro, o Chapecoense fíxose soado por ascender desde a cuarta división ata a Série A en só seis anos, coincidindo coa reestruturación do sistema de ligas brasileiro. Desde entón nunca descendeu da máxima categoría.

En 2015 debutou na Copa Suramericana, e en 2016 deu a sorpresa ao chegar á final contra o Atlético Nacional. Con todo, nunca puideron disputala; o avión que transportaba ao cadro de persoal a Medellín sufriu un accidente aéreo que custou a vida de 71 persoas, entre elas 22 futbolistas e case todos os membros do organigrama deportivo. Por mor desta traxedia, a Confederación Suramericana de Fútbol declarouno campión da Copa Suramericana 2016.

Palmarés Torneos nacionais Campionato Catarinense (5): 1977, 1996, 2007, 2011, 2016. Subcampión do Campionato Catarinense (5): 1978, 1991, 1995, 2009, 2013.

Torneos internacionais Copa Suramericana de Fútbol (1): 2016.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club

Chapecoense