Blanca Urgell Lázaro, nada en Vitoria en 1962, é unha filóloga vasca, Conselleira de Cultura da IX Lexislatura do Goberno Vasco.
Biografía Naceu en Vitoria en 1962.«Blanca Urgell». Doutora en Filoloxía Vasca pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e profesora titular do Departamento de Lingüística e Estudos Vascos da UPV/EHU, participou en numerosos proxectos de investigación e é autora de múltiples artigos e traballos. Experta en dicionarios, destaca a súa participación na redacción do Dicionario Xeral Vasco de Koldo Mitxelena, así como a edición de obras clásicas da literatura vasca de autores como Añibarro, Lardizabal ou Axular.
É, ademais, redactora e membro do Consello Editorial do Anuario do Seminario de Filoloxía Vasca "Julio de Urquijo", e membro do Consello asesor da revista Sancho el Sabio. Igualmente, coordinou xunto a Patxi Altuna, Ibon Sarasola e Joseba A. Lakarra a colección de textos vascos "Klasikoak" editada por Euskal Editoreen Elkartea- Asociación de Editores Vascos. Dende xullo de 2015, é académica de Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco