Isabella Khair Hadid, nada nos Ánxeles (Estados Unidos) o 9 de outubro de 1996, Website of Bella Hadid's mother, Yolanda Foster. é unha modelo de moda estadounidense, máis coñecida como Bella Hadid. Asinou con IMG Models no 2014. Foi nomeada "Modelo do Ano" por GQ no 2016. En xuño de 2016, Hadid foi clasificada no un das 50 mellores modelos por Modelos.com.
Traxectoria Hadid naceu e criouse nos Ánxeles, filla de Mohamed Hadid e a modelo Yolanda Hadid. A súa nai é holandesa-americana, e o seu pai é de orixe palestina. Hadid ten dous irmáns, unha irmá máis vella chamada Gigi, quen é tamén unha modelo, e un irmán máis novo, Anwar. Ten dous medio-irmás máis, Marielle e Alana.
Hadid e os seus irmáns criáronse nun rancho en Santa Barbara e máis tarde mudaríanse a Malibú mentres aínda estaba na escola elemental.
Sendo adolescente, Hadid foi xinete e tivo opcións para asistir ós Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, mais tivo que deixar a competición en 2013 por mor de sufrir a doenza de Lyme. Non foi anunciado que padecía Lyme até outubro de 2015. Foi diagnosticada coa enfermidade no 2012.
En outono de 2014, Hadid mudouse á cidade de Nova York e empezou a estudar fotografía na Escola de Deseño Parsons, asinando con IMG pouco antes. Dende entón deixou a un lado a escola por mor do seu éxito na carreira de modelo. Expresou o seu interese de volver a escolar e retomar a fotografía de moda como carreira unha vez é feita a de modelo. Hadid tamén expresou interese na escritura e na interpretación.
Filmografía Televisión +ApariciónsNomePapel1Keeping Up With the KardashiansEla mesma3Real Housewives of Beverly HillsEla mesma
Curtametraxes AnoTítuloProductionRole2016"Private"Tyler FordEla mesma
Vídeos musicais +anoArtistaTítulo2014Jesse Jo StarkBaby Love2015The WeekndIn the Night2015Belly ft. The WeekndMight Not (featured)2016Jesse Jo StarkDown Your Drain
Vida persoal O 22 de xullo de 2014, Hadid foi arrestada por conducir baixo a influencia do alcohol. A licenza do seu carné foi suspendida por un ano e foi condenada a seis meses de liberdade condicional. Hadid tamén foi sentenciada a realizar 25 horas de servizo comunitario e asistir a 20 horas de reunións de Alcohólicos Anónimos.MARTIN, ANNIE. "Yolanda Foster reflects on daughter Bella's DUI arrest." UPI NewsTrack 12 Dec. 2014. NewsBank. Web. 12 Mar. 2016.
Hadid comezou unha relación co cantante canadense The Weeknd a comezos de 2015; a parella foi vista xunta por primeiro vez en abril en Coachella. Hadid protagonizou o seu vídeo musical "In the Night" en decembro de 2015. Fixeron a súa apararición xuntos na alfombra vermella nos Grammys en febreiro de 2016. En novembro de 2016, a parella rompeu.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bella Hadid en Models.com
Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1996 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia palestina