O dos pancrustáceos (Pancrustacea) é un taxon (clado) proposto para comprender todos os crustáceos e os hexápodos.

Esta agrupación é contraria á hipótese dos atelocerados, na que os miriápodos e os hexápodos son un clado, e os crustáceos están máis afastados filoxenericamente deles.

O taxon monofilético dos pancrustáceos está apoiado por numerosos estudos moleculares, nos que os crustáceos anteceden a un grupo parafilético cos insectos (o que significa que os insectos derivaron de antepasados crustáceos).

A partir de 2010, o taxon Pancrustacea considérase aceptado pola comunidade científica.Omar Rota-Stabelli, Ehsan Kayal, Dianne Gleeson, Jennifer Daub, Jeffrey L. Boore, Maximilian J. Telford, Davide Pisani, Mark Blaxter & Dennis V. Lavrov (2010): "Ecdysozoan Mitogenomics: Evidence for a Common Origin of the Legged Invertebrates, the Panarthropoda" . Genome Biology and Evolution. 2: 425–440. doi:10.1093/gbe/evq030. PMID 20624745.

Etimoloxía O termo Pancrustacea está formado polo elemento do latín científico pan-, calco do grego antigo παν- pan-, derivado de πᾶς πᾶσα πᾶν pãs, pãsa, pãn, "todo", e do nome Crustacea, derivado do latín crusta, "o que envolve ou recobre", "codia", "cotra", "costra, "carapola", que designa clasicamente unha clase de artrópodos, xeralmente acuáticos, nos que a casca está constituída por quitina impregnada de sales cálcicos.

Sinónimo O clado tamén foi sido chamado Tetraconata Dohle, 2001, en referencia ao cadrado de omatidios que presentan moitos dos seus membros.W. Dohle (2001): "Are the insects terrestrial crustaceans? A discussion of some new facts and arguments and the proposal of the proper name 'Tetraconata' for the monophyletic unit Crustacea+Hexapoda". Annales de la Société Entomologique de France. 37 (1–2): 85–103. Este nome é preferido por algúns científicos para evitarmos a confusión co uso de pan- para indicar un clado que inclúe a un grupo de cabeza e a todos os representantes dos grupos da súa estripe ou descendencia.Stefan Richter, Ole S. Møller & Christian S. Wirkner (2009). "Advances in Crustacean Phylogenetics" (PDF). Arthropod Systematics & Phylogeny. 67 (2): 275–286.

Filoxenia Segundo Omar Rota-Stabelli et al. (2011), a posición dos pancrustáceos, dentro do clado dos euartrópodos (Euarthropoda), é a seguinte:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atelocerados Artrópodos Crustáceos Hexápodos Insectos

Ligazóns externas Pancrustacea na EOL. Pancrustacea no NCBI.

Categoría:Artrópodos