Joan Tardà i Coma, nado en Cornellà de Llobregat o 26 de setembro de 1953, é un político e profesor de secundaria catalán, militante de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).«Joan Tardà» (en castellà).

Traxectoria Graduado en Filosofía e Letras, é profesor de Lingua e Literatura no instituto de educación secundaria Esteve Terras.

Militante do PSUC dende 1974 a 1976. Dende a súa fundación, participou na Asemblea dos Comisarios e Concelleiros da Esquerda Nacionalista, integrouse na organización política Nacionalistes d'Esquerra (NE) e no Comité de Solidariedade cos Patriotas Cataláns, creado en Cornellà a principios dos anos oitenta. Ó disolverse NE, afiliouse a Esquerra e foi presidente en Cornellà durante o período 1996-1999.

Formou parte do primeiro concello democrático de Cornellà de Llobregat, en 1979, elixido como independente na candidatura do PSUC. En 1999, foi elixido concelleiro do municipio, onde liderou a candidatura de Esquerra, e no 2003 foi re-elixido no cargo, ó cal renunciou en setembro de 2004. Deputado pola provincia de Barcelona nas eleccións xerais de 2004, 2008 e 2011. É o voceiro do grupo ERC-RI-CATSÍ no Congreso dos Deputados.

Destacou no seu traballo parlamentario polas súas intervencións en catalán, o cal o enfrontou moitas veces co presidente da Cámara, Manuel Marín, e polas propostas sobre a Lei de memoria histórica. En decembro de 2008, protagonizou unha controversia durante o Día da Constitución ó berrar nun acto de JERC "morte ó Borbón", alegando que era un clamor popular de 1714 durante a guerra de sucesión española.

En novembro de 2013, un debate nas redes sociais sobre un erro no momento de votar unha emenda levou ó deputado a denunciar nunha carta insultos e ameazas. A polémica xurdiu cando Vítor Suárez, activista do asturiano, recriminou o seu voto en contra da modificación do orzamento de Foro Asturias, que propuxo un orzamento de estado de 143.000 € para a Academia da Lingua Asturiana,https://twitter.com/JoanTarda/status/402450283143630848 Tardà xustificou a súa decisión dicindo que fora un "erro procesual".

Nas eleccións xerais en 2015, Joan Tardà foi número dous na lista de Barcelona, por Esquerra Republicana de Catalunya.

Obras Republicans i catalanistes al Baix Llobregat a principi del segle XX: modernització dels comportaments polítics i socials, 1900-1923 (1991).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Esquerda.cat - Blog de Joan Tardà Páxina do Congreso dos Deputados de Joan Tardà

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Cornellà de Llobregat Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Comunistas de España