Joaquín Antonio Álvarez Álvarez, coñecido como O Roque, nado en Cabreiras (Arbo) o 21 de decembro de 1892 e finado o 26 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre na escola dos Pazos en Barcela. Era membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi preso a finais de xullo do 1936. Trasladado á Caniza e despois a Vigo. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar en consello de guerra e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 26 de setembro de 1936.

Vida persoal Casou con María Pérez Alonso e foi pai de José e Antonia María Álvarez Pérez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Joaquín Antonio Álvarez Álvarez, “O Roque”

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados