O premio Arume ou Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e comezou a entregarse en 2001. Tivo carácter bianual alternándose co premio Estornela de teatro ata 2015.
En 2021 retomouse con carácter anual como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas.
Obras premiadas 2001: Lúa de pan, de Xosé María Álvarez Cáccamo. 2003: A praia dos lagartos, de Helena Villar Janeiro. 2005: Abracadabras, de Marica Campo. 2007: Os cantos da rula de Concha Blanco. 2009: A princesa de Taramundi de Xoán Babarro e mención especial a María Canosa. 2011: Patente de corso, de Rafa Villar. Mención de honor: "Verdades" de Yolanda Castaño. 2013: Cantigas para volver a soñar, de María Xosé Lamas. 2015: Soños de nenos, de Mónica Inés Varela Gestoso. 2021: Plarapluie, de Ramón D. Veiga e A flor de letra de Manuel López Rodríguez.
2022: Os versos da mariola, de Antón Cortizas. 2023: Versos (a)variados, de Pablo Nogueira Campo. 2024: Latexos, de Beatriz Dourado. 2025: Poemas con alas!!!, de Paulino Peña Álvarez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Premio Arume na web da Fundación Xosé Neira Vilas.
Arume Categoría:Xosé Neira Vilas