Santuario de Arantzazu (en ) é un santuario franciscano que se atopa no concello de Oñati (Alta Deba, Guipúscoa), a unha altitude de 750 m sobre o nivel do mar, ó pé do Aitzkorri.

Dedicado á Virxe de Arantzazu, que se presentou en 1468 ó pastor Rodrigo de Balzategui. É un símbolo para o País Vasco e un lugar de peregrinación para os crentes e de visita para todos os turistas.

A basílica de hoxe propúxose no ano 1950 e a súa construción foi rematada en 1955. É o traballo dos arquitectos Francisco Javier Sáenz de Oiza e Luis Laorga, do colexio de arquitectos de Madrid. O escultor Jorge Oteiza realizou a fachada principal, o pintor Lucio Muñoz Martínez, a decoración da ábsida, o escultor Eduardo Chillida, as principais portas de acceso, Fra Javier María Álvarez de Eulate foi o encargado de vidreiras e o pintor Néstor Basterretxea da decoración das paredes da cripta. «El Santuari d'Arantzazu acull dissabte un homenatge a Lucio Muñoz, creador del seu retaule principal» (). Ezquiaga, Mitxel «El Santuari d'Arantzazu: L'avantguarda i l'etern, una fórmula guipuscoana» (). Muñoyerro, Iñigo «D'Oñati al Santuari d'Arantzazu » (). Barcia, Igor «Passejades, muntanyes i coves pel Santuari d'Arantzazu » ().

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Santuario de Loiola

Bibliografía Joxe Azurmendi, Joseba Intxausti, Javier Garrido, Migel Alonso Del Val (2007): The Sanctuary of Arantzatzu, Fontanellato: FMR, ISBN 978-88-216-7063-3

Ligazóns externas Sitio web oficial do santuario de Arantzazu

Categoría:Basílicas de España Categoría:Guipúscoa Categoría:Santuarios de España