A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés é unha institución bibliotecaria existente dende o ano 1995, localizada na rúa co mesmo nome no ensanche da cidade da Coruña. Leva o nome do escritor, poeta, docente e xornalista galego Miguel González Garcés. As súas instalacións divídense en tres plantas, ocupando unha superficie total de 6.216 m2, dos cales 5.869 m2 son útiles. miniatura|Fachada da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés Forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia.Rede de Bibliotecas de Galicia
miniatura|Sala de consulta. Historia Os datos mais antigos remóntanse ó ano 1895. Atopábase no IES Eusebio da Guarda, despois formou parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en outubro do 1956. Anos despois, en 1989, a Xunta de Galiza e o Ministerio de Cultura asinaron un convenio polo cal se transferiu a administración dos fondos á Xunta aínda que o Estado posúe a titularidade.
O 23 de setembro de 1994 modificouse o anterior convenio, no relacionado á localización da biblioteca e trasladouse ao edificio actual, inaugurado no ano 1995. Neste momento pasou a chamarse Biblioteca Nodal da Coruña Miguel González Garcés, na honra do docente en humanidades e poeta que foi director da institución ata os anos oitenta do século XX, despois de corenta anos de servizo ó centro.
Coleccións miniatura|Sala de préstamo. A biblioteca alberga mais de 250.000 títulos, os mais antigos datan do século XVI, pois posúen fondos froito da Desamortización. Dáselle especial importancia ó Fondo de Depósito Legal, pois posúe as publicacións impresas na provincia da Coruña dende 1958 ata hoxe, a maiores desta gran colección, a biblioteca tamén alberga fondos persoais de personaxes relevantes na cultura galega, tales como Mariano Tudela, Isidro Conde, Francisco María da Igrexa ou o nomeado Miguel González Garcés entre outros. A sala infantil-xuvenil conta cunha completa colección bibliográfica e multimedia axeitada para bebés e nenas e nenos de máis de tres anos ata mozas e mozos de noventa anos.
Servizos e actividades miniatura|Comicteca Consulta de documentos Préstamo de documentos Biblioteca accesible Internet: Liña de WI-FI de libre acceso. Servizo de Préstamo de portátiles ou lectores de libros electrónicos Servizo de reprodución de documentos Servizo e acceso a Internet e á Ofimática: facilítanse equipos informáticos con conexión a Internet aos usuarios. Cesión de espazos: para a organización de eventos culturais, coloquios, exposicións, realización de traballos en grupo, etc. Servizo de préstamo e consulta de libros electrónicos: GaliciaLe Servizo de información e referencia, dispoñible a tódolos usuarios que teñan algún tipo de dúbida ou necesiten calquera tipo de información sobre a biblioteca e seus fondos. Actividades culturais. Formación de usuarios miniatura|Fonoteca e hemeroteca. miniatura|Sala infantil.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ley 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia Club de lectura da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés Centro Municipal de Información Xuvenil Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia Blog da sala infantil e xuvenil
Miguel Gonzalez Garces Categoría:A Coruña