Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), 19 menos ca en 2004 (67 mulleres e 66 homes) e 14 menos ca en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Illán procede dunha antiga advocación da igrexa parroquial a Xián de Antince, () .

Xeografía A parroquia de Illán está situado á beira oeste do río Ladra, nunha zona con relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais pertencente ó espazo natural das zonas húmidas da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga), cunha superficie de 5.000 hectáreas. Neste espazo hai especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos, así como aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) nas lagoas de Riocaldo e no curso do río Ladra.

Patrimonio Na contorna destas zonas húmidas atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior.

A igrexa parroquial, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de mediados do século XX realizado polos artesáns carpinteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX. Consérvase unha mina de principios do século XX. Economía A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar os labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño.

Algunhas das novas industrias na zona provocan riscos medioambientais, como unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo e unha fábrica de biodiésel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A-6. Festas As festas parroquiais celébranse o 25 de xullo, festividade de Santiago o Maior coincidindo co Día Nacional de Galicia. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.

Lugares e parroquias Lugares de Illán

Parroquias de Begonte

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Begonte

Categoría:Parroquias de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior