Adelaide Casely-Hayford, nada en Freetown o 27 de xuño de 1868 e finada na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1960, foi unha educadora e escritora de Serra Leoa.
Traxectoria Filla de pai anglo-fante e nai krío, educouse en Jersey, logo da morte do seu pai volta a Freetown en 1897. Casou en 1903 co activista panafricanista ghanés Joseph Ephraïm Casely-Hayford e ao ano seguinte naceu a súa filla Gladys Casely-Hayford. Fundou a Escola Vocacional de Nenas en Freetown.
Obra Reminiscences, 1953 Mista Courifer, 1961 (relato) My Life and Times, 1983 (póstumo)
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Serra Leoa
Categoría:Nados en Freetown
Categoría:Nados en 1868
Categoría:Finados en 1960