O final do camiño é unha serie de televisión de Voz Audiovisual para La 1 de TVELas aventuras de la serie «El final del camino» llegan mañana a TVE y TVG. La Voz de Galicia. 11 de xaneiro de 2017. e TVG, dirixida por Miguel Alcantud. Está protagonizada por Antonio Velázquez, Asier Etxeandía, Javier Rey, entre outros. A súa estrea foi o 11 de xaneiro de 2017.
Argumento Ambientada na Galicia no século XI, a serie recrea a construción da catedral de Santiago de Compostela a través das vivencias de tres irmáns aveciñados na cidade galega. Como contexto, personaxes históricos interveñen tamén na trama, como é o caso do rei Afonso VI de León ou a súa esposa Costanza de Borgoña.
Polémica sobre a historicidade O catedrático de Xeografía e Historia Daniel López Muñoz puxo de relevo tras a estrea da serie a súa terxiversación e as múltiples inexactitudes históricas, que a xuízo deste supoñen unha "escandalosa ocultación da existencia do reino medieval de Galicia".De novo a ocultación do Reino de Galicia, na serie “El final del Camino / O final do Camiño, Irimia (nº 961, 23-30) de febreiro de 2017.
Así mesmo, o historiador e crítico literario Francisco Rodríguez Sánchez sinalou as mesmas deficiencias e engadiu:O final do camiño , Terra e Tempo, 24 de xaneiro de 2017.:
Pola súa banda, o historiador e etnógrafo Xosé María Lema Suárez fíxose eco dos seus colegas e referiuse ás carencias da serie nun artigo publicado co título "A ocultación e marxinación do reino medieval de Galicia vai 'in crescendo' na serie do Final do camiño".
A teleserie tamén recibiu críticas fóra de Galicia por outros motivos,Natalia Marcos ‘El final del camino’ se queda a medias, El País, 12 de xaneiro de 2017 . como o tratamento dado aos árabes:
Tamén se ten sinalado que, na mesma liña de falta de rigor histórico, ao contrario do que acontece na serie, "dona Costanza non era infiel a Afonso VI e este non era un bruto ignorante" ou que "a futura reina Urraca non nacera en 1075".Duras críticas á serie El Final del Camino por ocultar e “españolizar” o Reino de Galicia, Historiadegalicia.gal 24 de xaneiro de 2017. A crítica cinematográfica María José Arias sinalou como principais eivas do capítulo inaugural os "serios probleas coas elipses temporais" e os "buracos de guión, narrativa e desenvolvemento".'El final del camino' tropieza una y otra vez con las mismas piedras, Público, 10 de xaneiro de 2017 .
Personaxes 1ª tempada Personaxes principais Antonio Velázquez Bautista como Gonzalo de Catoira Javier Rey como Pedro de Catoira Ismael Martínez como Animal Begoña Maestre como Elvira Guillermo Barrientos como Estevo de Catoira Juan Fernández como bispo Peláez Paco Manzanedo como Yusuf Joan Massotkleiner como Monxe Antonio Durán "Morris" como Odamiro Manuel de Blas como Efraim Xabier Deive como Tomás Tito Asorey como Simón Alejandro Martínez como Remo
Colaboradores especiais Cristina Castaño como Costanza de Borgoña Asier Etxeandia como Afonso VI de León
Episodios Primeira tempada (2017) Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 1 8 11 de xaneiro de 2017 1 de marzo de 2017 1 392 000 8,4%
N.º(serie) N.º(temp.) Título Director (es) Data de emisión Audiencia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O final do Camiño. Á carta. Televisión de Galicia
Categoría:Series de televisión de Televisión Española Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2017